campaña


Perdemos a conta do número de anos que as xentes do Espazo Aberto Antimilitar levamos coa campaña pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar. Neste 2019 volvemos a recuncar co noso rexeitamento ás guerras e á industria militar.

Os motivos seguen a sobrar, ao botar unha ollada as cifras de gasto militar no Estado Español entran arrepíos:

- 31.830,82 millóns de euros de orzamento

- 3,63 millóns de euros gastados por hora

- 727,89 euros por persoa e ano

Fronte a isto alentamos a todas a facer nas vosas declaracións da renda Obxección Fiscal. Con este obxecto elaboramos un folleto -o cal repartiremos nas manifestacións do 1 de maio en Vigo- que podedes partillar e no que atopades información práctica para realizar a OFGM > http://nonaogastomilitar.org/sites/d7.nonaogastomilitar.org/files/ofgm20...


Nos inicios deste mes de abril Facenda lanzou a campaña da renda 2017. Coincidindo coa apertura da data para presentar a declaración da renda, varios colectivos do estado propoñemos a campaña pola Obxección Fiscal 2018.

Lembrade que se queredes facer Obxección Fiscal non confirmar o borrador da declaración da renda. Xuntamos información sobre como facer a Obxección Fiscal (a achega que propoñemos nós é de 80€ a detraer do que se destinaría a Gasto MIlitar nos Orzamentos Xerais) > http://www.grupotortuga.com/Campana-de-Objecion-Fiscal-al,305 

Achegamos a continuación o texto que lanzamos este ano que vai estruturado por temas:

Exército 0.0

O proceso cara á conquista da independencia e a proclamación da República Catalá axudou a lembrarnos, grazas en gran medida ás sinceras declaracións da ministra de defensa, cal é o verdadeiro papel das Forzas Armadas; o de defender a “unidade territorial” de España.

É sabido que dende primeiros de abril é posible presentar a declaración da renda. Moitos colectivos antimilitaristas vimos aproveitando este periodo para denunciar a desfeita que supón, para as persoas, os gastos militares. Por iso animamos dende hai anos, a plasmar nas nosas declaracións da renda o noso rexeitamento a que o Estado dedique os nosos cartos á guerra a través da Obxección Fiscal (neste enlace as instrucións para facela > www.grupotortuga.com/Campana-de-Objecion-Fiscal-al,305).

Neste 2017 volvemos a lanzar a campaña galega pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares con este texto titulado: "Por unha sociedade sen medo, rexeitemos a cultura da guerra".

Nun momento no que parece clara a aposta do estado pola militarización, denunciamos a súa insistencia en fomentar esta cultura de guerra.

O Espazo Aberto Antimilitar continúa coas charlas de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Nesta ocasión o novo local de Árbore (López Mora 30 - Vigo) acollerá este acto o venres 29 de maio ás 20:30.

O Espazo Aberto Antimilitar convoca un acto de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Será o venres 15 de maio ás 20:30 na parroquia do Cristo da Vitoria de Coia (r/Baiona 9, Coia - Vigo).

A obxección fiscal aos gastos militares é un acto de desobediencia civil que consiste en negarse a  colaborar co estado á hora de sufragar os gastos destinados á preparación de guerras, mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social.

Tecnicamente, desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración da renda, desviando unha parte dos impostos que nos cobran a un proxecto que traballe pola xustiza social.

Un deses proxectos, que o EAA propomos como destino da obxección este ano, é a Asemblea Aberta de Coia, que participará tamén na presentación da campaña facendo un repaso destes meses de loita na rotonda de Coia en contra da dilapidación de cartos públicos e da desfeita de políticas sociais.

Na fin de semana a xente do Espazo Aberto Antimilitar repartimos na manifestación de Vigo en contra do TTIP os primeiros panfletos da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Achegamos o folleto, que podedes descargar neste enlace > http://arkipelagos.net/fiscal_2015.pdf e o texto presentación da campaña.

Se o ano pasado lembrabamos os 25 anos da insubmisión en Galiza e no Estado Español en xeral, este ano queremos facer fincapé na necesidade de que a loita que supuxo contra as guerras e o militarismo continúe sendo unha realidade.

As xentes de Alternativa Antimilitarista - MOC ofrecen, outro ano máis, as cifras da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2014 no Estado Español. Os resultados son os seguintes:

TOTAL OBXECCIÓNS No ESTADO: 773 OF – 91.812’61 € (143 OF menos que en 2013).

Os datos na Galiza son os seguintes:

Dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2013 organizamos unha charla o sábado 1 de xuño na que contaremos coa presenza de dous membros do colectivo Utopía Contagiosa.

Páxinas