2019


Perdemos a conta do número de anos que as xentes do Espazo Aberto Antimilitar levamos coa campaña pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar. Neste 2019 volvemos a recuncar co noso rexeitamento ás guerras e á industria militar.

Os motivos seguen a sobrar, ao botar unha ollada as cifras de gasto militar no Estado Español entran arrepíos:

- 31.830,82 millóns de euros de orzamento

- 3,63 millóns de euros gastados por hora

- 727,89 euros por persoa e ano

Fronte a isto alentamos a todas a facer nas vosas declaracións da renda Obxección Fiscal. Con este obxecto elaboramos un folleto -o cal repartiremos nas manifestacións do 1 de maio en Vigo- que podedes partillar e no que atopades información práctica para realizar a OFGM > http://nonaogastomilitar.org/sites/d7.nonaogastomilitar.org/files/ofgm20...

Este 2019 cúmprense dous aniversarios destacados para as persoas que rexeitamos o militarismo. O primeiro deles, os 30 anos da insubmisión, lémbranos o poderosa que pode ser a desobediencia civil non violenta como arma para transformar o sistema. Afrontando penas de cadea e sancións de todo tipo, centos de persoas negáronse a facer o Servizo Militar Obrigatorio, até que a solidariedade e o apoio da maior parte da sociedade forzou a súa abolición.