Como facer Obxección Fiscal


Antes de comezar lembra que TODO O MUNDO PODE FACER OBXECCIÓN FISCAL AO GASTO MILITAR

O estado recada impostos durante todo o ano a todas as persoas da sociedade, e o fai de moitas formas, non só mediante o IRPF. Deste diñeiro destina unha gran parte para o exército, a policía e a preparación de guerras. A declaración do IRPF supón unha magnífica oportunidade de recuperar este diñeiro e destinalo a un fin xusto.

Por iso lembrámosche que:

- Calquera persoa, teña ou non ingresos, teña ou non nómina, estea ou non dada de alta, pode facer a declaración de Facenda e reclamar este diñeiro ao estado para desvialo a un proxecto alternativo pola Paz e non violencia.

- A declaración pódeche saír a pagar, a devolver ou de cota cero. En todos os casos podes obxectar.

- Se a declaración mándancha xa feita (o borrador), NON a confirmes. Podes aproveitar ese borrador para realizar a túa declaración de IRPF utilizando o programa web da Axencia Tributaria, incluíndo a Obxección Fiscal ao Gasto Militar. Pódela realizar ti mesma ou encargarllo a unha xestoría. Explicámolo de forma máis detida:

Como se fai exactamente a obxección?

Propoñémosche dúas maneiras de facela:

- Cota fixa: tendo en conta que o estado destinou en 2017 884 euros por persoa para fins militares, esta podería ser unha boa cantidade a obxectar. Con todo desde colectivos como Alternativa Antimilitarista- MOC lanzouse este ano a campaña "Nin un euro para a guerra", animando ás persoas obxectoras a desviar un simple e simbólico euro dos seus impostos co fin de que podamos ser moitas as persoas que fagamos obxección ao gasto militar e que, mesmo, podamos recorrer sen riscos nin complicacións no caso de que Facenda non acepte a nosa obxección.

- Cota aberta: Dado que o estado ten tantos medios de recadar o noso diñeiro, resulta complicado determinar cal foi a cantidade exacta que nos cobrou ao longo de todo un ano. Con todo a OFGM é, ante todo, unha acción pública e colectiva de denuncia ao militarismo e unha interpelación á sociedade. É moito máis importante o feito de obxectar que a cantidade obxectada; por iso, calquera cantidade, por pequena que poida ser, é válida.

En ambos os casos, incluír a obxección na declaración do IRPF é moi fácil:

a.- Realiza un ingreso bancario á entidade cara á que desexas desviar o diñeiro do gasto militar, pola cantidade que decidiches obxectar. Que a Obxección Fiscal ao Gasto Militar apareza nomeada no asunto da transferencia. Garda o comprobante.

b.- Fai a declaración da renda no programa web da Axencia Tributaria ata chegar ao apartado de “Retencións e demais pagos a conta”. Emprega un dos subapartados que non utilices (este ano recomendámosche a casa 568) e nese lugar engade a cantidade que vas obxectar (a cota fixa de 884 euros, a dun euro, ou calquera cota aberta que haxas decidido). Se non tiñas que facer declaración ou non desexabas facela, só tes que entrar á web da Axencia Tributaria, solicitar o teu borrador (moi fácil de facer) e anotar a cantidade que desexas desviar na casa 606. O programa informático recalcula toda a declaración de forma automática. Mesmo aínda que os teus ingresos fosen de cero euros.

c.- Termina normalmente o resto da declaración, sen esquecer que o “Resultado da declaración” ten que verse diminuído -se é “a pagar”- nunha cantidade igual á cantidade obxectada ou que a cantidade para devolver -se é “a devolver”- ten que verse aumentada tamén na devandita cantidade.

d.- Valida a declaración e dálle a enviar.

e.-Envía unha carta ao Ministerio de Facenda (postal ou mail certificada ou mediante oficina pública de envíos) anunciando que fixeches Obxección Fiscal ao Gasto Militar e explicando os teus motivos. Acompaña comprobante do teu ingreso á organización que elixiches como destino alternativo. Garda copia de todo.

Se non te aclaras moito á hora de realizar de forma informática a túa declaración de IRPF neste ligazón hai un titorial detallado > http://www.grupotortuga.com/Como-se-hace-la-Objecion-Fiscal-al