Dentro do ciclo "STOP WARS" organizado por OVNI, café UF e o Espazo Aberto Antimilitar contamos o 26 de abril con Borxa Colmenero.

O título da charla co que Borxa pechou as xornadas foi "O conflito como ferramenta de control e poder fronte á vida". Borxa debullou na charla o contido do libro que publicou en 2023 co título "O governo neoliberal da vida".

Podedes escoitar a palestra nesta ligazón: https://archive.org/details/borxa-colmenero

etiquetas: 

Dende a Coordinadora Antimilitarista Galega propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2024 varios destinos aos que podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- ISM Estado Español: o movmento de Solidariedade Internacional (ISM polas súas siglas en inglés) é un movemento liderado por palestinos comprometidos a resistir a longa e sistemática opresión e desposesión da poboación palestina, a través dos principios e métodos da acción directa non violenta. +info: spain.palsolidarity.org

etiquetas: 

Desde a Coordinadora Antimilitarista Galega facemos unha chamada á desobedecer á guerra cos nosos impostos facendo Obxección Fiscal ao Gasto Militar nas declaracións da renda.

Se queredes saber como se fai Obxección Fiscal na declaración da renda visita esta web: https://objecionfiscal.info/como-se-hace-2/

Achegamos o texto da campaña deste ano co que animamos a desviar unha parte dos impostos a proxectos que procuran no cotiá facer unhas sociedades máis xustas e igualitarias:

É tempo de desmilitarizar; é tempo de desobedecer. Fai obxección fiscal!

Vivimos con guerras, conflitos armados e xenocidios, máis de 50, espallados polo mundo.

E vivimos tempos que parecen anunciar novas guerras, mesmo de natureza nuclear. Día tras día escoitamos voces chamando a prepararse para a guerra, a dedicar cada vez máis recursos á súa preparación.

Este mes de marzo, un compañeiro do Espazo Aberto Antimilitar, na súa labor de produtor de envases Metálicos (latas) nunha fábrica local, tiña para fabricar unhas latas Ro_100 para un cliente novo arxelino, cando desempaquetou o fardo de follalata observou que se trataba dunha litografía para o exército.

Detivo a produción e se dirixiu ao xefe de quenda (encargado) para explicarlle que era obxector de conciencia e non colabora cos exércitos, o tipo quedou un pouco descolocado pero díxolle que tiña que facer as latas, polo que procedeu a interpelar á Directora de RR.HH.

etiquetas: 

OVNI, café UF e o Espazo Aberto Antimilitar organizamos o ciclo Stop Wars.

Na segunda das charlas celebrada o venres 22 de marzo tivemos a oportuniodade de escoitar á xornalista galega Ana Expósito. Nunha charla titulada: "A ameaza pantasma: xornalismo en tempos de conflito" Ana debullou o oficio de reporteira en conflitos armados. A súa experiencia é moi ampla: Kosovo, Ucraína, Ruanda, Bosnia... e moitos máis conflitos cubriu esta xornalista que na palestra explicou en que consiste o seu traballo, que condicionantes ten, a importancia dun bo xornalismo e moito máis.

Podedes escoitar a palestra nesta ligazón: https://archive.org/details/ana_exposito_22_03_2024

O vindeiro 24 de febreiro varios colectivos do país convocamos unha concentración baixo o lema "Sahara libre".

Será na praza da Quintana en Compostela a partires das 12.00

OVNI, café UF e o Espazo Aberto Antimilitar organizamos o ciclo Stop Wars, este venres 23 de febreiro ás 20h, comezamos no Café Uf un novo ciclo de charlas:

Na primeira sesión, baixo o título “A guerra dos mundos: a xeopolítica dos conflitos armados” queremos facer unha lectura que atravese os diferentes conflitos bélicos particulares para amosar qué se esconde detrás das guerras como ferramenta de control da vida e cómo estas están contribuíndo a reconfigurar a orde mundial. Tamén prestaremos atención ás alternativas que se presentan para outro tipo de saídas ante este tipo de conflitos.

Para elo, imos ter con nós a Pere Ortega e Tica Font do Centre Delàs d'Estudis per la Pau, adicado a investigación e acción pola paz e o desarme.

Dende a Coordinadora Antimilitarista Galega propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2023 varios destinos aos que podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- El Telar: esta asociación naceu na zona sur de Xixón hai 12 anos para tecer sonos. Sonos entretecidos coas diferentes; para abordar distintas necesidades e coa finalidade de construír un tear comunitario onde caben todas as persoas.

Máis de 800 mozos e mozas teñen un espazo para estar e para gozar dun lecer alternativo co SUAÑU; que 12 rapaces/as e as súas familias poidan sentirse acompañadas socioeducativamente na súa contorna próxima co Espazo Comunitario de Aprendizaxe; que as entidades da economía solidaria de Asturies sigan entretecendo redes; e que os barrios da zona sur de Xixón gocen de iniciativas colectivas coas que tecer relacións comunitarias de veciñanza. +info: www.eltelarasociacion.org

Páxinas