Dende a Coordinadora Antimilitarista Galega propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2023 varios destinos aos que podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- El Telar: esta asociación naceu na zona sur de Xixón hai 12 anos para tecer sonos. Sonos entretecidos coas diferentes; para abordar distintas necesidades e coa finalidade de construír un tear comunitario onde caben todas as persoas.

Máis de 800 mozos e mozas teñen un espazo para estar e para gozar dun lecer alternativo co SUAÑU; que 12 rapaces/as e as súas familias poidan sentirse acompañadas socioeducativamente na súa contorna próxima co Espazo Comunitario de Aprendizaxe; que as entidades da economía solidaria de Asturies sigan entretecendo redes; e que os barrios da zona sur de Xixón gocen de iniciativas colectivas coas que tecer relacións comunitarias de veciñanza. +info: www.eltelarasociacion.org

Desde a Coordinadora Antimilitarista Galega facemos unha chamada á desobedecer á guerra cos nosos impostos facendo Obxección Fiscal ao Gasto Militar nas nosas declaracións da renda.

Se queredes saber como se fai Obxección Fiscal na declaración da renda visita esta web: https://objecionfiscal.info/como-se-hace-2/

Achegamos o texto co animamos a desviar unha parte dos impostos a proxectos que procuran no cotiá facer unhas sociedades máis xustas e igualitarias:

Desde a chegada da democracia, o estado español participou en máis de 100 conflitos militares. Na actualidade mantén 17 operacións militares no exterior e a súa postura coa guerra ucrano-rusa, lonxe de promover unha saída dialogada e unha solución pacífica, está, xunto coa UE, supeditada á OTAN e centrada en apoiar diplomaticamente, con cartos e material bélico, ás tropas ucraínas.

De acordo cos datos publicados polo Grupo Antimilitarista Tortuga, no que levamos de 2023 (ata o 14 de abril), o consello de ministras/os leva autorizados xa 4.289,26 millóns de euros de gasto militar, a maioría con cargo a orzamentos futuros. Desta suma, a maior parte (3.147,66 millóns), estará destinada a préstamos, a interese CERO, á industria militar para o desenvolvemento dos programas Halcón e do avión de combate EF-2000. Unha cantidade superior ao orzamento do ministerio de sanidade no 2023 (3.010 millóns de euros).

Hai uns días que Facenda lanzou a campaña da renda 2022. Lembrade que temos unha oportunidade para desobedecer á guerra facendo Obxección Fiscal aos gastos militares.

O lema deste ano quere chamar a atención sobre o feito de que os cartos que se dilapidan na guerra e na industria militar non van a sanidade, educación, pensións, dereitos sociais e moitos máis ámbitos que ofrecen seguridade para a comunidade.

Nos seguintes día iremos dando máis información sobre a campaña galega.

Este 24 de febreiro cumpriuse o primeiro aniversario da intervención militar de Rusia en territorio de Ucraína. En Vigo así como en diferentes puntos do estado español moitas persoas e colectivos preocupadas pola marcha dos acontecementos e la gravidade das consecuencias das operacións bélicas, saíron ás rúas para esixir o cese da guerra e a busca de solucións negociadas.

Xa pasou un ano do inicio da guerra en Ucraína, por iso cremos que é un bo momento para denunciar publicamente a ocupación rusa e a participación activa da OTAN e da UE do outro bando.

En Vigo o 24 de febreiro, Ecoloxistas en Acción e o Espazo Aberto Antimilitar convocamos unha concentración no MARCO ás 20h00.

Esa fin de semana terán lugar mobilizacións similares en todo o Estado (https://niputinniotan.noblogs.org/post/2023/02/01/convocatorias-para-el-sabado-25-de-febrero/), esixindo:

- Promover unha coordinación ou máis ampla posible.

- Un calendario de mobilizacións que dean resposta á guerra de Ucraína.

etiquetas: 

O sábado 15 de outubro imos até Ponteareas para participar no Outono Libertario '22.

A partires das 20:00 xunto á xente de 13editora falaremos nu faladoiro que leva por título: Obxección Fiscal, antimilitarismo e elementos de control social. Achegamos o cartaz da actividade e agradecemos ás organizacións o convite.

etiquetas: 

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2022 un destino ao cal podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- Campaña #ILPRegularización: a través das Iniciativas Lexislativas Populares (ILP) a cidadanía pode propoñer leis ao Congreso de Diputados de xeito vinculante (hai obriga de debatir e aprobar unha ley). Para isto deben presentarse cando menos 500.000 sinaturas. A #ILPRegularizacion buscar lograr unha regularización administrativa do estatus migratorio para as persoas migrantes e refuxiadas, alcanzando así un permiso de residencia e de traballo a persoas que están nunha situación administrativa irregular.

+info: https://regularizacionya.com

etiquetas: 

O Espazo Aberto Antimilitar anima, outro ano máis, a desobedecer á guerra cos nosos impostos. Por iso sumámonos a campaña estatal pola obxección fiscal ao gasto militar nas declaracións da renda.

Achegamos o texto co que chamamos a desviar unha parte dos nosos impostos a proxectos que pulen por sociedades máis xustas e igualitarias:

Páxinas