You are here
"A guerra dos mundo: xeopolítica dos conflitos armados" con Pere Ortega
OVNI, café UF e o Espazo Aberto Antimilitar organizamos o ciclo Stop Wars, este venres 23 de febreiro ás 20h, comezamos no Café Uf un novo ciclo de charlas:
Na primeira sesión, baixo o título “A guerra dos mundos: a xeopolítica dos conflitos armados” queremos facer unha lectura que atravese os diferentes conflitos bélicos particulares para amosar qué se esconde detrás das guerras como ferramenta de control da vida e cómo estas están contribuíndo a reconfigurar a orde mundial. Tamén prestaremos atención ás alternativas que se presentan para outro tipo de saídas ante este tipo de conflitos.
Para elo, imos ter con nós a Pere Ortega e Tica Font do Centre Delàs d'Estudis per la Pau, adicado a investigación e acción pola paz e o desarme.
Tica Font é experta en Economía de defensa, comercio de armas, orzamentos de defensa, industria militar, novas armas e seguridade.
Pola súa parte, Pere Ortega é investigador e analista en temas de paz, nonviolencia, desarme e conflitos. Autor do libro: "La fuerza de la paz" https://centredelas.org/publicacions/la-fuerza-de-la-paz/?lang=es