Liouse, e moito. Durante tres días consecutivos o barrio de Gracia de Barcelona converteuse nunha auténtica batalla campal entre Mossos d’Esquadra armados con armas que disparan proxectís foam e manifestantes sedentos de volver a ocupar un antigo banco expropiado utilizado desde hai cinco años como centro social.

etiquetas: 

Hoxe, xoves 12 de maio, numerosos colectivos e persoas lanzamos polas redes sociais o video > https://vimeo.com/166112517 co obxecto de difundir a campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar 2016 #DesarmaTusImpuestos

Lembramos un datos que falan da importancia desta campaña para aquelas que apostamos pola desmilitarización das nosas vidas:

"En 2016 el presupuesto del Ministerio de Defensa es de 5788 millones de euros, el 2,7% del PIB. Los presupuestos de doce de los trece ministerios del Estado español esconden gastos militares. La Objeción Fiscal al gasto militar, es la no disposición a colaborar con el Estado en los gastos de preparación de guerras y mantenimiento de la estructura militar, el ejército y otros cuerpos armados, desobedeciendo activamente en el momento de realizar la declaración de la renta (IRPF). Consiste técnicamente en desviar una parte de estos impuestos a un proyecto que trabaje en la defensa de un progreso social solidario".

Campaña de Objeción Fiscal al Gasto Militar 2016 #DesarmaTusImpuestos from Plataforma Desobediencia Civil on Vimeo.

A xente de Utopia Contagiosa segue a facer un traballo moi interesante á hora de dar a coñecer o gasto militar no Estado Español.

Datos coma estes dan a medida da enorme cantidade de cartos que traga a guerra:

Para avanzar sobre los datos del informe, destacamos algunas de sus cifras:

- Presupuesto Ministerio de Defensa: 5.787’89 millones €

- Total Gasto Militar 2016: 30.928’86 millones €

A nosa proposta de destino dos cartos desviados das vosas OFGM 2016 son as seguintes:

Algunhas compas expresan o seu medo a obxectar aos gastos militares na declaración da renda, ao verse incapaces de afrontar os pasos necesarios. Por iso a xente de Tortuga Antimilitar refixo un titorial onde, paso a paso, atoparedes todas as respostas se tedes a vontade de facer Obxección Fiscal.

Deixamos unha breve explicación da "Cláusula contra o uso militar da ciencia":

Que
Esta licenza inclúe a chamada cláusula contra o uso militar da ciencia, que impide o uso dos resultados desta investigación con fines militares e a exércitos e forzas e corpos de seguridade do estado. Tampouco se permite o uso para I+D de carácter militar.

Xa temos a campaña galega pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar 2016. Este ano o lema que empregamos é "Cubrámonos do militarismo".

O domingo, aproveitando a mani do 1º de maio repartiremos centos de folletos. Por se non andades en Vigo aquí deixamos o enlace para que descarguedes > http://arkipelagos.net/fiscal_2016.pdf

Cubrámonos do militarismo

A 30 anos do referendo, a OTAN pouco ou nada mudou na súa razón de ser, en tanto que fenómeno histórico. Desde a progresiva militarización da sociedade -cun gasto militar que non deixou de medrar a pesares da crise económica-, á resolución de conflitos unicamente pola vía armada, o crecemento e diversificación da industria militar ou o feito de o Estado español se converter nun importante comerciante de armas a nivel internacional.

O número de guerras e conflitos armados na actualidade, con moito superior ás cifras que os organismos oficiais manifestan, corroboran a íntima relación entre escalada bélica e economía.

O pasado 6 de abril comezou a campaña oficial do Ministerio de Facenda para o IRPF por internet. Poñen a disposición das contribuíntes borradores e datos fiscais ou a posibilidade de realizar a declaración co programa Padre a través de internet.

Páxinas