You are here
Cláusula contra o uso militar da ciencia
Deixamos unha breve explicación da "Cláusula contra o uso militar da ciencia":
Que
Esta licenza inclúe a chamada cláusula contra o uso militar da ciencia, que impide o uso dos resultados desta investigación con fines militares e a exércitos e forzas e corpos de seguridade do estado. Tampouco se permite o uso para I+D de carácter militar.
O porque
Os científicos non poden estar á marxe dos problemas que se producen na sociedade. O militarismo ten uns efectos devastadores, polo que convidamos a toda a comunidade científica ao boicot activo ao complexo militar-industrial impedindo que se beneficie dos avances tecno-científicos.
Para que
A pesares de que é bastante improbábel que moitas investigacións poidan ter un uso militar, queremos lanzar unha mensaxe: que a comunidade científica non mire para outro lado ante o militarismo e o autoritarismo, en ningunha das súas formas.
Tamén para convidar ao debate e á construción de novos modelos de defensa non baseados nos exércitos. Ademais, a comunidade científica ten que colaborar na erradicación do militarismo en todas as sociedades. Non á guerra. A ningunha guerra.
O agora
Numerosos conflitos bélicos estanse a producir nos nosos días. As investigacións coa cláusula contra o uso militar da ciencia poderían ser unha boa ferramenta para debater sobre o militarismo, guerras e conflitos armados que se dan na actualidade.
Si es científica/o e cres que ningunha investigación debería servir para ser utilizada en conflitos armados, non dubides en copiar/pegar esta cláusula na túa licenza, sexa Creative Commons ou do tipo que sexa.