Destinos campaña galega pola Obxección Fiscal 2016


A nosa proposta de destino dos cartos desviados das vosas OFGM 2016 son as seguintes:

- Nais contra a impunidade. Nada en 2012 como reacción fronte á impunidade das políticas en materia de control e confinamento implementadas polo Estado. Animadas por un sólido espírito de solidariedade as súas actividades abranguen diversos aspectos como a formación, denuncia e cobertura de persoas sometidas á violencia institucional e sempre tendente ao respecto dos dereitos humanos. Son parte interesada do Proxecto Habeas Corpus. En suma, unha ferramenta para se valer en terreo hostil.

Conta de Nais contra a impunidade > IBAN ES 26 00812302960001116715

- Antimilitaristes - MOC Valencia. En novembro de 2015 no marco das manobras militares da OTAN, denominadas Trident Juncture, un grupo de activistas contrarios á guerra foron acusados de desorde público e desobediencia tras o bloqueo de varios carros de combate no porto de Sagunto (Valencia). Dita acusación conleva até catro anos de prisión e 12000 euros de multa para cada un deles, segundo o Código Penal vixente. Máis un reto para o movemento antimilitarista en espera de novos combates que librar.

Conta de Antimilitaristes-MOC > Titular: ADOC-PV  |  3159-0009-96-1662980521 (Caixa Popular)  |  IBAN: ES8031590009961662980521

Ofrecemos tamén a posibilidade de que o propio Espazo Aberto Antimilitar sexa destino dos vosos cartos. O Espazo é punto de encontro de colectivos e individualidades que cuestionan a existencia do exército como institución. Tentando manter o debate sobre a súa utilidade e conveniencia, os seus fins e a súa realidade, e denunciando a crecente militarización da sociedade, así como o desproporcionado gasto humano e económico que supón o seu mantemento.

Podes ingresar na conta: ES28 2080 5046 2430 4002 6403 (Abanca)

Deixa constancia no ingreso do colectivo ao cal queres destinar a túa obxección. E se ingresas para outro colectivo, fáinolo saber para estimar o número de obxeccións.