Dámoslle pulo a esta nova publicada pola xente de Tortuga Antimilitar:

"Hai poucas semanas publicabamos unha estimación sobre canto dedicaran o Estado español e as Comunidades Autónomas en 2017 ao gasto militar e de control social. Faciámolo con motivo do inicio da campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar.

"Nin a guerra é paz. Nin a liberdade é escravitude. Nin a ignorancia é forza"

Con estas tres frases queremos amosar, outro ano máis, o noso rexeitamento ás guerras e á industria militar. Malia as dificultades crecentes, seguimos a recuncar na campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares coincidindo co lanzamento do perído para presentar as declaracións da renda 2017.


Nos inicios deste mes de abril Facenda lanzou a campaña da renda 2017. Coincidindo coa apertura da data para presentar a declaración da renda, varios colectivos do estado propoñemos a campaña pola Obxección Fiscal 2018.

Lembrade que se queredes facer Obxección Fiscal non confirmar o borrador da declaración da renda. Xuntamos información sobre como facer a Obxección Fiscal (a achega que propoñemos nós é de 80€ a detraer do que se destinaría a Gasto MIlitar nos Orzamentos Xerais) > http://www.grupotortuga.com/Campana-de-Objecion-Fiscal-al,305 

Achegamos a continuación o texto que lanzamos este ano que vai estruturado por temas:

Exército 0.0

O proceso cara á conquista da independencia e a proclamación da República Catalá axudou a lembrarnos, grazas en gran medida ás sinceras declaracións da ministra de defensa, cal é o verdadeiro papel das Forzas Armadas; o de defender a “unidade territorial” de España.

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2018 varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- ILP Campaña en Defensa do Monte Autóctono: o principal obxectivo da campaña é o de aumentar a conservación das nosas masas de árbores e o coñecemento sobre a súa necesaria existencia, tamén como recursos produtivos e de creación de emprego.

“Cousa de Raíces” quere devolver ao noso bosque o valor que ten, a todos os niveis (ambiental, económico, social, cultural, paisaxístico, etc.), contando coa participación e apoio dos diversos sectores interesados e comprometidos coas masas arbóreas autóctonas, porque as reivindican, porque as estudan, porque as coidan, porque as precisan para vivir.

Aínda faltan unhas semanas para que Facenda comece coa campaña da renda 2018. Nós adiantámonos á propaganda do goberno e iniciamos a nosa actividade cunha chamada a non colaborar coas guerras cos nosos cartos.

Ide metendo na cachola isto:

Nin un euro para a guerra!

Non confirmes o borrador.

Fai Obxección Fiscal aos Gastos Militares!

Nunhas semanas iremos dando máis info da campaña galega para este 2018.

 

Xuntamos un novo documento elaborado por Utopía Contagiosa partindo dos datos de IGAE:

"El Presupuesto del Ministerio de Defensa sólo llegó para pagar 110 días, el 30’13 % del Gasto Militar de 2015 total.

El resto de los 365 días, es decir, 255 fueron ocultados de diversas maneras pero se acabaron gastando a beneficio del Ministerio de Defensa:

A industria militar está de celebración, tal e como recolle un informe do Centre Delàs o gasto militar aumenta no estado español en 2017 un 32% respecto ao ano anterior. O primeiro incremento na última década. Semella que na industria da guerra non entenden de crise, nin de recesión á vista dos números.

O pasado 7 de xullo celebrouse unha conferencia de Nacións Unidas para negociar “un instrumento xurídicamente vinculante que prohíba as armas nucleares e conduza á súa total eliminación”.

O proxecto foi aprobado por 122 votos a favor, 1 abstención e 1 voto en contra, o de Holanda, único país membro da OTAN que asistiu ao encontro.

etiquetas: 

Páxinas