You are here
Materiais da campaña pola Obxección Fiscal 2018
"Nin a guerra é paz. Nin a liberdade é escravitude. Nin a ignorancia é forza"
Con estas tres frases queremos amosar, outro ano máis, o noso rexeitamento ás guerras e á industria militar. Malia as dificultades crecentes, seguimos a recuncar na campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares coincidindo co lanzamento do perído para presentar as declaracións da renda 2017.
Durante todo o ano os Estados dilapidan cartos que logo non hai para necesidades sociais na industria da guerra. Porén non queremos desaproveitar a oportunidade que se abre na declaración da renda para lanzar esta campaña de desobediencia, que ao mesmo tempo que detrae cartos para facer a guerra é ofrece unha boa oportunidade para desviar cartos a proxectos e colectivos que pulan por sociedades máis xustas e afastadas da violencia.
Compartimos neste enlace o folleto que fixemos para a campaña galega de 2018 > http://www.nonaogastomilitar.org/sites/d7.nonaogastomilitar.org/files/fi...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
fiscal_2018-ilovepdf-compressed.pdf | 1.79 MB |