Non confirmes o borrador da declaración da renda. Non colabores coas guerras


Aínda faltan unhas semanas para que Facenda comece coa campaña da renda 2018. Nós adiantámonos á propaganda do goberno e iniciamos a nosa actividade cunha chamada a non colaborar coas guerras cos nosos cartos.

Ide metendo na cachola isto:

Nin un euro para a guerra!

Non confirmes o borrador.

Fai Obxección Fiscal aos Gastos Militares!

Nunhas semanas iremos dando máis info da campaña galega para este 2018.