You are here
Cifras da campaña Galega da Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2018
Nun ano no que de novo se aumentou nun 32% o Gasto MiIitar respecto ao 2016 e preténdese incrementar o gasto en Defensa, entre o 50% ou 80% nos próximos 6 anos para achegarse á meta do 2% do PIB en 2024, establecida no cumio de Gales da OTAN e esixida por EEUU.
Desde o Espazo Aberto Antimilitar consideramos que é máis importante ca nunca seguir promovendo a Desobediencia Civil contra a militarización da sociedade a través da Obxección Fiscal aos Gastos Militares. Esta estratexia basease na non disposición a colaborar co estado nos gastos de preparación de guerras e mantemento da estrutura militar, desobedecendo activamente no momento de realizar a declaración da renda (IRPF).
Consiste tecnicamente en aproveitar a declaración do IRPF para desviar unha parte da totalidade dos nosos impostos a un proxecto que traballe na defensa dun progreso social solidario.
Un dos proxectos que propoñiamos apoiar desde a campaña galega pola Obxección Fiscal, foi a á rede Cousa de Raíces e a súa campaña pola “ILP na Defensa do Monte Autóctono”, ao considerar que busca a transformación social, un mundo mellor e a defensa da nosa natureza fronte aos lumes, a explotación industrial dos bosques e a especulación.
Os cartos conseguidos para este proxecto foron finamente 174€, que xa lles fixemos chegar neste mes de xullo do 2018.
Ademais destes cartos, somos coñecedores tamén de dúas obxeccións máis de 100€ cada unha que foron desviadas a Baladre, coordinación contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social.