industria militar


A industria militar está de celebración, tal e como recolle un informe do Centre Delàs o gasto militar aumenta no estado español en 2017 un 32% respecto ao ano anterior. O primeiro incremento na última década. Semella que na industria da guerra non entenden de crise, nin de recesión á vista dos números.

Debe un estaleiro público vender armamento de guerra a un país que está a violar os dereitos humanos? Esta é pregunta que lanza unha campaña de Amnistía Internacional, que polo de agora leva recollidas máis de 25.000 firmas.

A empresa IMI Ltd, propiedade do estado de Israel, asinou un contrato por catro anos co Ministerio de Defensa para subministrar a munición regulamentaria da OTAN.

O 22 de agosto, o Boletín Oficial do Estado publicaba a formalización dun contrato de 33.720.392 euros para adquirir cartuchos do calibre 5,56 (o oficial da OTAN e, polo tanto, dos fusís do exército español) a diferentes empresas.

---

O día 20 de febreiro presentouse en Barcelona o informe "Seguretat i Ocupació com Negoci. Relacions Militars, armamentístiques i de Seguretat entre Espanya i Israel, (2014)" elaborado pola campaña Negocis Ocults.

No informe aparecen datos coma estes:

"Israel exporta el 75 % de su producción militar. Esto le permite reducir los costes de la producción interna, contribuyendo el comercio de armas a la militarización de la sociedad israelí."

"La falta de transparencia y el secretismo caracterizan las relaciones comerciales en materia militar, armamentista y de seguridad entre España e Israel."

"España incumple su propia legislación al exportar productos militares a Israel, violando 5 de los 8 criterios establecidos en la Posición Común de la UE en exportación de material militar y de doble uso."

Podes ler o informe neste enlace: http://negocisocults.org/la-seguretat-com-a-negoci

A Directa, semanario de comunicación catalán, publicou no seu número 335 un artigo sobre a industria militar en Catalunya.

Baixo o título "18.9 millóns en subvencións para a industria militar catalana", faise un repaso no artigo das empresas de deseño, fabricación e distribución de compoñentes de armamento existentes en Catalunya, o seu impacto na economía local e estatal e, sobre todo, das importantes axudas económicas que levan recibido nos últimos anos, tanto do governo estatal como da Generalitat.

Deixámosvos aquí co artigo: www.setmanaridirecta.info/noticia/189-milions-subvencions-industria-militar-catalana

A guerra reinvéntase cada pouco con novas formas de facela, armamentos... Agora mesmo os drones son o "máis" na industria militar.

A industria está a dar pasos para non quedar atrás na oferta de novos modelos, e a industria española tamén quere coller boa posición para o negocio que se abre.

Por isto na "feria de tecnología de Defensa y Seguridad "Homsec 2013" incluía una gran demostración de oferta de aviones/sistemas no tripulados (UAV/UAS, en sus siglas en inglés). Es uno de los grandes campos de negocio que se abrirán en el próximo decenio para la industria de Defensa, con aplicaciones también en el ámbito civil: vigilancia de fronteras, marítima, antiincendios... Aunque estadounidenses e israelíes llevan la lógica ventaja industrial, he aquí algunos de los proyectos que desarrollan empresas españolas. El UAV español debe comenzar a volar."

Nestes días atopamos a nova da elección do nomeamento como presidente do Banco Vaticano a Von Freyberg, presidente tamén dunha naviera que fabrica barcos de guerra. O noso apuntamento como non cristiáns ante esta nova que coincide coa da dimisión do Papa, é que teñan coidado con que escollen como novo xefe do Vaticano ;)

Para aqueles que non teñen moi claro que é iso dos Drones ou avións non tripulados, achegamos este artigo publicado en Periodismo Humano que fala do gusto dos EEUU por este tipo de armas de guerra.

Páxinas