banca


Jordi Calvo que hai uns anos estivo compartindo con nós o traballo que desenvolve no Centre Delas ven de publicar un libro baixo o título: ""Banca Armada Vs Banca Ética" que foi publicado pola Editorial Dharana.

Na web da editorial presentan deste xeito o libro:

Banca armada es el término que tras seis años de campaña del Centro de Estudios por la Paz JM Delàs (Justícia i Pau), Setem y el Observatorio de la Deuda en la Globalización (ODG) denunciando las inversiones de las entidades financieras en la industria armamentística, se utiliza para referirse a los bancos y cajas que invierten en armamento. Hay muchas formas de ayudar financieramente a las industrias militares a fabricar y comercializar armas. Las principales analizadas en este libro son: la participación accionarial, los fondos de inversión, los créditos y préstamos, la emisión de bonos, pagarés y acciones y la financiación de exportaciones de armamento. En este libro se muestra que más de 60 entidades financieras y, sobre todo, los grandes bancos, han invertido al menos 45.000 millones de euros en armas en la última década.

Nestes días atopamos a nova da elección do nomeamento como presidente do Banco Vaticano a Von Freyberg, presidente tamén dunha naviera que fabrica barcos de guerra. O noso apuntamento como non cristiáns ante esta nova que coincide coa da dimisión do Papa, é que teñan coidado con que escollen como novo xefe do Vaticano ;)

A pasada fin de semana rematamos a campaña OF 2012 cun acto de rúa en fronte do mercado do Calvario.

SETEM e o Centro Delàs de estudos pola paz de Justícia i Pau  descobren os vínculos financeiros entre a banca e a industria militar en España, no seu informe Inversiones que son la bomba. Negocios de la banca con empresas españolas de armamento.

Dende o Espazo volvemos a promover outro ano máis a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares, que este ano centramos na industria militar: "Pola mesma razón que a industria do turismo necesita turistas, a industria armamentística precisa das guerras, dos conflitos e das amenzas á seguridade para colocar os seus produtos; necesita violencia, medo e mortos"

Deste xeito o venres 13 de abril convidamos a que asistades á charla-presentación que leva por título: "Industria militar, un negocio sen crise". Contaremos coa presenza de Jordi Calvo, membro do "Centre d'Estudis per a la Pau JM Delás de Justicia i Pau" que presentará o último informe "La banca armada. Inversiones explosivas de bancos y cajas" ademais de nos falar do negocio da guerra en España.

Ademais o acto servirá para presentar a campaña 2012 pola OF aos Gastos Militares que lanzamos dende o Espazo Aberto Antimilitar.

As xentes do Centro Delás acaban de publicar o informe número 11 que leva por título: "A banca armada. Inversións explosivas de bancos e caixas" e realizado por Jordi Calvo.

Neste documento sinalan a importancia do financiamento do negocio das armas e o volume que alcanzou nestes últimos anos en sesenta das entidades financierias que operan no Estado Español. O listado da banca española o lideran BBVA e Santander.

Na presentación din por exemplo que "las empresas de armamento necesitan los servicios bancarios, tanto para efectuar sus operaciones comerciales corrientes, como para conseguir fondos extraordinarios que les permitan emprender el desarrollo de nuevas armas, exportar a nuevos mercados y, en definitiva, mantener su pujanza competitiva en un sector eminentemente privado".

O informe o podedes ler e descargar neste enlace: www.centredelas.org/attachments/890_informe11_banca%20armada_cas.pdf