O Estado español e as CC.AA. destinarán en 2018 máis de 32.000 millóns de euros a gasto militar e de control social


Dámoslle pulo a esta nova publicada pola xente de Tortuga Antimilitar:

"Hai poucas semanas publicabamos unha estimación sobre canto dedicaran o Estado español e as Comunidades Autónomas en 2017 ao gasto militar e de control social. Faciámolo con motivo do inicio da campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar.

Agora facemos o propio coa estimación de 2018, a cal poderás consultar no seguinte informe > http://www.grupotortuga.com/IMG/pdf/gasto_militar_y_control_social_2018.pdf

Como sempre facemos, lembramos que este cálculo non é exacto: é unha aproximación á baixa. A maior parte do diñeiro que o Estado destina a cuestións militares non está orzado no Ministerio de Defensa, polo que nos recoñecemos incapaces de contabilizar algunhas das partidas de gasto militar que aparecen escondidas nos orzamentos. A pesar diso, os datos poden sorprender a quen considerase ata agora que o orzamento militar equivale ao do Ministerio de Defensa. O gasto militar do Estado español en 2018 é de 23.577´96 millóns de euros, o que supón 15.122 millóns (1´77 veces) de euros de gasto militar que o goberno oculta fose do orzamento que recoñece. Isto supón 6´42 euros ocultos de cada 10 euros de gasto militar.

Se a este cálculo engadímoslle o orzado para control social, a suma ascende a 29.589´21 millóns de euros.Estas cifras apuntadas equivalen a un 2,% do PIB (calculado polo Goberno nos

PGE en 1.163.662 millóns de euros), cantidade que se eleva ao 2´5% se sumamos o control social estatal.A cifra aumenta se a todo iso sumamos aínda os orzamentos destinados a control social por parte das Comunidades autónomas, xa sexa as que teñen policía propia (Cataluña, Euskadi e Navarra), competencias en materia de prisións (Cataluña) ou as que transfiren cantidades de política de seguridade, en gran parte para incentivar intervencións policiais (por exemplo, a  BESCAM de Madrid e as diversas partidas destinadas a incentivos nas demais comunidades). Neste caso a suma alcanza os 32.144´20 millóns de euros, unha cifra que supera toda comparación e é absolutamente escandalosa.

--

Fonte: http://www.grupotortuga.com/El-Estado-espanol-y-las