Destinos propostos para a campaña de Obxección Fiscal 2024


Dende a Coordinadora Antimilitarista Galega propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2024 varios destinos aos que podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- ISM Estado Español: o movmento de Solidariedade Internacional (ISM polas súas siglas en inglés) é un movemento liderado por palestinos comprometidos a resistir a longa e sistemática opresión e desposesión da poboación palestina, a través dos principios e métodos da acción directa non violenta. +info: spain.palsolidarity.org



- ASEIA Galicia: Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias. +info: aseiagalicia.gal

Ademais destas dúas propostas podedes destinar os cartos ao Espazo Aberto Antimilitar. Os ingresos os podedes facer neste nº de conta > ES49 1491 0001 2630 0008 8601 e non esquezades sinalar o proxecto ao que queredes destinar estes cartos.

LEMBRADE! Comunicade no email > espazoantimilitar@riseup.net cantos cartos desviaches e a que destino. Os recompilamos para enviar á campaña estatal pola OFGM

etiquetas: