Un caso recente de Obxección de Conciencia laboral a colaborar cos exércitos


Este mes de marzo, un compañeiro do Espazo Aberto Antimilitar, na súa labor de produtor de envases Metálicos (latas) nunha fábrica local, tiña para fabricar unhas latas Ro_100 para un cliente novo arxelino, cando desempaquetou o fardo de follalata observou que se trataba dunha litografía para o exército.

Detivo a produción e se dirixiu ao xefe de quenda (encargado) para explicarlle que era obxector de conciencia e non colabora cos exércitos, o tipo quedou un pouco descolocado pero díxolle que tiña que facer as latas, polo que procedeu a interpelar á Directora de RR.HH.

Ao explicarlle o problema, indicoulle que tiña que falar coa xefa de sección, que tras media hora de deliberación insistiu en que tiña que seguir coa produción, polo que ao noso compañeiro non lle quedou otra opción que deixar constancia na libreta dixital de producción indicando que o facía por imperativo legal.

Comentamos o caso co movemento antimilitarista do estado español, e as compañeiras de Desarma Tus Impuestos Castilla la Mancha e CGT Cuenca, botáronnos unha man, para elaborar un modelo de texto a entregar ás empresas nestes casos, para deixar constancia do noso rexeitamento a apoiar as guerras nos nosos centros de traballo, é importante desobedecer ás guerras, nos traballos, nos impostos, e en todos os aspectos das nosas vidas.

Este sería o texto: ligazón

etiquetas: