Destinos propostos para a campaña de Obxección Fiscal 2023


Dende a Coordinadora Antimilitarista Galega propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2023 varios destinos aos que podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- El Telar: esta asociación naceu na zona sur de Xixón hai 12 anos para tecer sonos. Sonos entretecidos coas diferentes; para abordar distintas necesidades e coa finalidade de construír un tear comunitario onde caben todas as persoas.

Máis de 800 mozos e mozas teñen un espazo para estar e para gozar dun lecer alternativo co SUAÑU; que 12 rapaces/as e as súas familias poidan sentirse acompañadas socioeducativamente na súa contorna próxima co Espazo Comunitario de Aprendizaxe; que as entidades da economía solidaria de Asturies sigan entretecendo redes; e que os barrios da zona sur de Xixón gocen de iniciativas colectivas coas que tecer relacións comunitarias de veciñanza. +info: www.eltelarasociacion.org

- Basoa: comunidade solidaria entre defensoras e activistas, un espazo liberado para conspirar, disfrutar e comezar a vivir a vida que soñamos. Máis info sobre este proxecto: basoa.eus

- Asociación Ambiental Petón do Lobo: dedícase a levar a parte xurídica da loita contra o espolio eólico na Galiza. Fan alegacións contra todos os proxectos de depredación enexética levando recursos cara adiante. +info: valfluvialdolouridocorcoesto.com/asociacion-ambiental-peton-do-lobo e www.facebook.com/PETONDOLOBO

Ademais destas dúas propostas podedes destinar os cartos ao Espazo Aberto Antimilitar. Os ingresos os podedes facer neste nº de conta > ES49 1491 0001 2630 0008 8601 e non esquezades sinalar o proxecto ao que queredes destinar estes cartos.

LEMBRADE! Comunicade no email > espazoantimilitar@riseup.net cantos cartos desviaches e a que destino. Os recompilamos para enviar á campaña estatal pola OFGM