A vindeira semana a xente do Espazo Aberto Antimilitar, do G.A.S. e da ODS-Coia organizamos dúas actividades:
- Documental: "Ouróboros. La espiral de la pobreza” con Julio Reyero un dos membros do equipo. Será o xoves 19 ás 20h00 no C.S. A Revolta (R/ Real, 12 - Vigo).
- Palestra: "A cen anos do Congreso Internacional da Paz. Ferrol 1915". A cargo de Eliseo Fernández, investigador especializado no movemento obreiro galego en xeral, e no anarcosindicalismo e o anarquismo en particular. Será o sábado 21 ás 20h00 no local da cooperativa Árbore (R/López Mora 30 - Vigo).
Cando un século atrás sinalados militantes do obreirismo galego de raíz anarquista fixeron súa a tarefa de dar vida a un evento que marcara distancias entre os bandos enfrontados durante da I Guerra Mundial, facendo fincapé na responsabilidade última do proletariado ante a guerra, poucos imaxinaron os obstáculos de todo tipo que deberían sortear para que un tal acontecemento callara.