materiais


Perdemos a conta do número de anos que as xentes do Espazo Aberto Antimilitar levamos coa campaña pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar. Neste 2019 volvemos a recuncar co noso rexeitamento ás guerras e á industria militar.

Os motivos seguen a sobrar, ao botar unha ollada as cifras de gasto militar no Estado Español entran arrepíos:

- 31.830,82 millóns de euros de orzamento

- 3,63 millóns de euros gastados por hora

- 727,89 euros por persoa e ano

Fronte a isto alentamos a todas a facer nas vosas declaracións da renda Obxección Fiscal. Con este obxecto elaboramos un folleto -o cal repartiremos nas manifestacións do 1 de maio en Vigo- que podedes partillar e no que atopades información práctica para realizar a OFGM > http://nonaogastomilitar.org/sites/d7.nonaogastomilitar.org/files/ofgm20...

Aquí tedes o panfleto para iste ano, podedes sacar copias e repartilo como vai... pero si preferides adaptalo ao voso gusto ou peculiar realidade, nós encantadísimas.

panfleto 2009, un A4 a duas caras, en pdf, "casi" listo para imprimir.

Os datos dos gastos estan en folla de cáculo de OpenOffice, as gráficas en svg.

Aquí vos deixamos os materiais sacados para esta campaña:
Panfleto pequeno, dous por cada copia, tamaño A4, abaixo co nome "PanfletoPeque2008.pdf".
Panfleto grande explicativo, un por copia, tamaño A3, abaixo co nome "Panfleto2008.pdf".
Se queredes adaptalos para facer modificacións, so tedes que pedilo.

Aquí tedes distintos modelos que vos poden orientar para facer a carta para o delegado de facenda, a enquisa como obxetores fiscais, un modelo de alegación ante facenda no caso de que non vos acepte a obxección e tamén unha carta á presidencia por si queredes pedir a legalización e regularización da Obxección Fiscal.

 

:: INSTANCIA FACENDA ::

Ao Excmo./a. Sr/a. Delegado/a de Facenda

etiquetas: