You are here
Materiais da campaña pola obxección fiscal ao gasto militar 2019
Perdemos a conta do número de anos que as xentes do Espazo Aberto Antimilitar levamos coa campaña pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar. Neste 2019 volvemos a recuncar co noso rexeitamento ás guerras e á industria militar.
Os motivos seguen a sobrar, ao botar unha ollada as cifras de gasto militar no Estado Español entran arrepíos:
- 31.830,82 millóns de euros de orzamento
- 3,63 millóns de euros gastados por hora
- 727,89 euros por persoa e ano
Fronte a isto alentamos a todas a facer nas vosas declaracións da renda Obxección Fiscal. Con este obxecto elaboramos un folleto -o cal repartiremos nas manifestacións do 1 de maio en Vigo- que podedes partillar e no que atopades información práctica para realizar a OFGM > http://nonaogastomilitar.org/sites/d7.nonaogastomilitar.org/files/ofgm20...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ofgm2019_documento.pdf | 893.25 KB |