2014


As xentes de Alternativa Antimilitarista - MOC ofrecen, outro ano máis, as cifras da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2014 no Estado Español. Os resultados son os seguintes:

TOTAL OBXECCIÓNS No ESTADO: 773 OF – 91.812’61 € (143 OF menos que en 2013).

Os datos na Galiza son os seguintes:

No mes de xuño, con motivo do 25º aniversario do Movemento de Obxección de Conciencia” celebráronse as Xornadas "25 anos de insubmisión. 25 anos desobedecendo" organizadas polo Espazo Aberto Antimilitar.

Ao longo de todo o mes tivemos a oportunidade de achegarnos a diversos aspectos da loita antimilitarista ‒abordada desde diferentes perspectivas‒ e á interacción do antimilitarismo con outras loitas e estratexias de desobediencia.

A xente de Tortuga coincidindo co peche da campaña da renda volve a pedir un ano máis axuda para recoller os datos das Obxección Fiscais no Estado Español.

Se podedes achegarnos os datos de Galiza das vosas OF, nós llos encamiñaremos a eles.

Vai a solicitude que fixeron:

En maio de 2012 había no estado español 562 empresas inscritas no rexistro da Dirección General de Armamento y Material e unhas 29.000 persoas traballaban na industria de guerra no estado. A maioría, con diferencia, nos sectores aeroespacial e naval que, de feito, son os de maior facturación.

Porén, tanto a facturación como o emprego con céntranse en catro grandes empresas (datos do 2009): Indra (electrónica), EADS-Casa (aerespacial), Navantia (naval) e General Dynamics/Santa Bárbara (veículos blindados e armas lixeiras). Todas elas situadas no ranking das 100 primeiras empresas con maior produción militar mundial e as dúas últimas con presenza en Galiza, ao igual que URO (vehículos especiais) ou Ezentis (tecnoloxía).

Como cada ano, dende o Espazo Aberto Antimilitar (EAA) propoñemos algún colectivo ou campaña como destino da obxección fiscal:

Coincidindo co período da declaración da renda, recentemente iniciado no seu ciclo previo de envío de borradores e declaracións telemáticas, retomamos a Campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar, onde se poden usar os datos que proporciona o borrador pero rexeitando confirmalos agora tal cal nolos queren facer «tragar».

A Obxección Fiscal ao Gasto Militar é un acto de Desobediencia Civil que consiste na non colaboración co Estado á hora de sufragar os gastos empregados na preparación de guerras e mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social. Tecnicamente desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración do imposto sobre a renda (IRPF) mediante o desvío dunha parte deses impostos a un proxecto que traballe pola xustiza social.

O Espazo Aberto Antimilitar volve ao traballo e por iso convocamos unha asemblea/xuntanza para comezar a deseñar a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2014.

Será o luns 3 de marzo a partires das 20:30 na Cova dos Ratos (Rúa Romil 3 baixo, Vigo).

Dita asemblea lembramos que é aberta a toda persoa que queira botar unha man a prol do antimilitarismo. Ademais de pensar como desenvolvemos a campaña pola OF 2014 trataremos de ver se as forzas que temos dan para facer algunha cousiña máis.

Animádevos a vir!