Destinos propostos na campaña de Obxección Fiscal 2014


Como cada ano, dende o Espazo Aberto Antimilitar (EAA) propoñemos algún colectivo ou campaña como destino da obxección fiscal:

- CSO Palavea. Centro social okupado na Coruña no 2010 co obxectivo de crear un espazo de liberdade dende o que desobedecer ao sistema capitalista construíndo resistencias e alternativas e denunciar e enfrontarse á especulación inmobiliaria. O CS foi desaloxado o 25 de marzo, pero as achegas económicas destinaríanse aos procesos xudiciais pendentes. +info: okupacorunha.wordpress.com

- Anarquistas contra o muro. Grupo de activistas israelís que traballa en cooperación con activistas de Palestina na loita popular contra a ocupación. +info: awalls.org

- Ofrecemos tamén a posibilidade de que o propio Espazo Aberto Antimilitar sexa destino dos vosos cartos. Punto de encontro de colectivos e individualidades que cuestionan a existencia do exército como institución. Tentando manter o debate sobre a súa utilidade e conveniencia, os seus fins e a súa realidade, e denunciando a crecente militarización da sociedade, así como o desproporcionado gasto humano e económico que supón. +info: nonaogastomilitar.org

Só tes que ingresar os cartos na conta ES28 2080 5046 2430 4002 6403 (Novagalicia) e indicar o colectivo ao que queres destinalos.

E non esquecer enviarnos un correo dicindo que ti TAMÉN fixeches a OF!