33.762, 4 millóns de euros. A cifra que no 2017 o Estado Español vai dilapidar na guerra, isto supón un 9,16 % que no anterior ano. Os anuncios da ministra de Defensa de elevar até o 2% os orzamentos do seu ministerio, en cumprimento dos acordos coa OTAN, quedan moi por baixo da realidade.
O traballo dos compañeiros de Utopía Contagiosa amosa que case 4 de cada 5 euros gastados están agochados en diferentes partidas dos orzamentos. É dicir, os anuncios de Cospedal quedan moi lonxe das cifras reais que demostran que a restritividade non a coñece o ministerio da guerra.
Achegamos o enlace coa nova e con todos os datos que recolle o colectivo Utopía Contagiosa > http://www.utopiacontagiosa.org/2017/04/24/el-gasto-militar-espanol-sigu...