2017


É sabido que dende primeiros de abril é posible presentar a declaración da renda. Moitos colectivos antimilitaristas vimos aproveitando este periodo para denunciar a desfeita que supón, para as persoas, os gastos militares. Por iso animamos dende hai anos, a plasmar nas nosas declaracións da renda o noso rexeitamento a que o Estado dedique os nosos cartos á guerra a través da Obxección Fiscal (neste enlace as instrucións para facela > www.grupotortuga.com/Campana-de-Objecion-Fiscal-al,305).

Neste 2017 volvemos a lanzar a campaña galega pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares con este texto titulado: "Por unha sociedade sen medo, rexeitemos a cultura da guerra".

Nun momento no que parece clara a aposta do estado pola militarización, denunciamos a súa insistencia en fomentar esta cultura de guerra.

O pasado 5 de abril abriuse o prazo para presentar a declaración do IRPF correspondente ao ano 2016, que rematará o 30 de xuño. Aproveitando esta campaña diferentes grupos aproveitamos para rexeitar que cos nosos cartos colaboremos coa guerra. O vimos facendo realizando Obxección Fiscal ao gasto militar na declaración da renda.