Dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2013 organizamos unha charla o sábado 1 de xuño na que contaremos coa presenza de dous membros do colectivo Utopía Contagiosa.

O 1 xuño hai convocada en toda Europa manifestacións en contra da Troika baixo o lema "Pobos Unidos contra a Troika". En Vigo varios colectivos animannos a participar a semana anterior a unhas xornadas que levan por título: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika! e que están programadas a modo de preparativos da gran manifestación do sábado 1 de xuño.

Nestas xornadas a xente do Espazo Aberto Antimilitar colaboramos coa seguinte actividade:

Hoxe, 24 de maio, celébrase o Día internacional das mulleres antimilitaristas en Vigo o lema escollido é "Nin guerra que nos mate nin paz que nos oprima".

A Cordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres organiza unha acción no Calvario-Vigo (mercado), para conmemorar esta data na que as mulleres visibilizan o significado das palabras militarización -guerra- explotación dos territorios e paz, dende a perspectiva de xénero.

Haberá música, colocación de cartaces, lectura de textos e poesái a partires das 18h30.

Animannos a levar algo violeta!

etiquetas: 

Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción convocan unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente; nin á defensa dos miles de persoas e postos de traballo que están ameazados polas actividades extractivas dunhas poucas empresas.

O goberno galego quere facer de Galiza unha mina. Está malvendendo o noso territorio, cachiño a cachiño, ás multinacionais mineiras. De paso, saca un Plan Sectorial de actividades extractivas que pon a minaría por riba de calquera outra actividade. Mesmo por riba das que nos permiten obter os nosos alimentos, como se fose máis importante obter minerais que alimentarse.

Non podemos permitirllo. Non deixaremos que nos rouben o noso futuro. Vén con nós o día 2 berrarlle á Xunta que queremos conservar o noso territorio. GALIZA NON É UNHA MINA

etiquetas: 

É momento de ser desobedientes, e para quen vai facer a declaración da renda ofrecemos unha oportunidade : a OBXECCIÓN FISCAL aos GASTOS MILITARES.

Se queres asesoramento, queres resolver algunha dúbida, tes algún problemilla a xente do Espazo Aberto Antimilitar ofrecemos - durante o mes de maio- dous momentos para botarte unha man. Os momentos de asesoría neste mes son:

O 1 xuño hai convocada en toda Europa manifestacións en contra da Troika baixo o lema "Pobos Unidos contra a Troika". En Vigo varios colectivos animannos a participar a semana anterior a unhas xornadas que levan por título: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika! e que están programadas a modo de preparativos da gran manifestación do sábado 1 de xuño.

O programa das xornadas, no que participa o Espazo Aberto Antimilitar, é o seguinte:

> SÁBADO 25

"Ferramentas para a transformación social", Manolo Saez de Baladre. No CS Revolta (Real 12) ás 18h00

> DOMINGO 26

Xornada formativa. Obradoiros básicos sobre: - Estratexia de medios

O 1 de Xuño a cidadanía europea manifestarase de xeito conxunto baixo o lema "POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA". Os estados portugués, francés, italiano, galego, escocés, español, grego, alemán... participarán nunha xornada de loita conxunta contra os tres responsables das medidas de austeridade: BCE, FMI e CE.

Ese sábado 1 de Xuño, ás 12:00 Vigo sairá á rúa nunha manifestación que percorrerá as rúas da cidade dende a Praza de España á Porta do Sol. Velaquí tedes o texto desta convocatoria:

O 1 de xuño as vítimas do capitalismo saímos as rúas de Europa. Saímos en contra dese sistema baseado na inxustiza social, a degradación medioambiental, o empobrecemento da maioría da poboación e a explotación dxs de abaixo por parte dxs de arriba.

Pobos de toda Europa protestamos pola ditadura da troika (FMI, BCE e Comisión Europea). Levantámonos contra a hexemonía dese “Mercado”, que queren facernos crer que é impersoal, cando en realidade é un complexo mafioso composto por banqueiros, especuladores financeiros e inmobiliarios e por unha casta política allea á realidade das persoas.

Sabemos que hai moitas persoas que a declaración dalle medo e que pensar en facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares é porse ante un grave problema.

Por todo isto, pero tamén para resolver dúbidas ou facer aclaracións ofrecemos durante este mes de maio dous días á semana para atender a estas cuestións:

- Martes na Cova dos Ratos (Romil 3, Vigo) a partires das 20h30

- Luns na ODS-Coia (locais parroquiais do Cristo da Victoria de Coia - Baiona 9, Vigo) de 17h00 a 19h00

Tamén resolvemos dúbidas a través do mail: info[arroba]nonaogastomilitar.org ou das redes sociais (facebook.com/espazo.antimilitar e twitter.com/nongastomilitar).

Animádevos e se a facedes comunicádenolo!

Páxinas