A xente de Greenpeace xunto a Amnistía Internacional, Intermón Oxfam e Fundipau publicaron hai unhas semanas un documento no que analizan a venta de armamento en 2012, o podedes descargar neste enlace: www.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/desarme/Contrainforme_anual_2012_25Jun2013.pdf

Deixamos algúns aspectos do análise:

Las Organizaciones hemos alertado, desde el inicio de la presente legislatura, del posible impacto de la crisis económica en los controles en las exportaciones de armas. Existe una clara tensión entre las limitaciones y restricciones que la Ley 53/2007, establece sobre el comercio exterior de material de defensa y la voluntad del Gobierno de incrementar las ventas en el exterior para apoyar a la industria militar española, ante la bajada de ventas en el ámbito interno debido a los recortes en nuevas adquisiciones, principalmente debido a la deuda histórica acumulada por el Gobierno con diversas empresas españolas de material de defensa.

Achegamos o enlace ao programa Barrio Canino da radio Ágora Sol dedicado á insubmisión fiscal como forma de desobediencia económica. Aquí o explican no blogue do programa:

O Centro Delàs ven de publicar en español o informe "Armas, Deuda y Corrupción. O gasto militar e a crise da UE".

O seu autor é o investigador Frank Slipjer da Campaña Contra o Comercio de Armas (Campagne tegen Wapenhandel) dos Países Baixos, entidade da Rede Europea Contra o Comercio de Armas (ENAAT) da que o Centro Delàs de Estudos pola Paz tamén forma parte. Este informe foi publicado por Campagne tegen Wapenhandel e o Transnational Institute (TNI).

O informe en castelán o podedes ler aquí: www.centredelas.org/images/stories/informes/EU_MilSpending_Crisis-ES3.pdf

Este ano a nosa ría líbrase do festival aéreo, pero non así noutras localidades... En Asturias varios colectivos lanzan unha campaña en contra do festival aéreo de Xixón:

Achegamos un vídeo que presentan deste xeito: Tanque, escuadra, fuerzas de paz... tienen otro significado, descubrelo en este corto.

E tamén deixamos o texto é o manifesto que podedes ler aquí:

El Ayuntamiento de Gijón apoya y financia la exhibición aérea militar que un año más llenará el cielo con unidades del ejército del aire y la armada.

A propósito do ERE extintivo que General Dynamics aplicou na Fábrica de Armas da A Coruña a xente do Espazo Aberto Antimilitar vos deixamos cun texto que leva por título "ESCUSAS".

“Na medida en que a megamáquina foi legada ás civilizacións posteriores, foi a súa forma negativa, a da máquina militar, ben adestrada, estandarizada e dividida en partes especializadas, a que asegurou a súa continuidade”

Reaccións contra a megamáquina, Lewis Mumford

A escusa e o recorrente uso que se lle dá segundo o momento e o lugar vén de lonxe. Poderiamos, incluso, falar de algo común por estendido. É, ao cabo, unha forma como tantas outras de escorrer o vulto. De aí que ninguén sexa alleo a este recurso, tampouco o medio obreiro. Aínda máis, unha lixeira aproximación á súa historia confirmaría o dito sen maiores esforzos. E o seu presente, con todas as súas miserias, non é moito máis alentador.

Na revista anarquista Abordaxe atopamos esta nova nada tranquilizadora:

Si!!, por enorme que poida parecer o tanto por cento de incremento "Un Mil Oitocento Setenta e Sete por cento", este é o resultado despois de facer unha simple operación aritmética (regra de tres) entre o presuposto do ano pasado 2012 contabilizado en 173 mil 670 € e o deste ano 2013 que acada a cifra de 3 millóns 260 mil €, segundo informacións da axencia EFE.

Ao mesmo tempo soubose que, según manifestou o mesmiño secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, nun almorzo-coloquio do Club Siglo XXI, as Unidades de Intervención Policial (UIP) das máis de 6.000 manifestacións e concentracións convocadas no pasado ano en todo o estado, se produciron incidentes en 271 e "tan só" en 39 delas a policía utilizou material antidisturbios, o que representa o 0,64 por cento do total.

Este sábado 1 de xuño, dentro da campaña pola obxección fiscal aos gastos militares 2013, tivemos a visita de dous integrantes do colectivo Utopía Contagiosa no acto que dende o Espazo Aberto Antimilitar organizamos na Cova dos Ratos.

Fíxose na charla un repaso polos diferentes aspectos que xustifican a afirmación de vivirmos nun estado militarizado, prestando especial atención aos gastos militares, fundamentalmente ao gasto militar oculto (10 dos 13 ministerios do governo español teñen partidas dedicadas ao gasto militar), pero tamén ás atribucións cada vez máis amplas do exército español ou á persistencia na nosa sociedade, e o seu fomento dende as diferentes estructuras do estado, dos "valores militares" (submisión, obediencia cega, xerarquización, etc.).

Dende o Espazo Aberto Antimilitar amosamos o noso apoio a esta loita:

El Tribunal Superior de Justicia de la Comunidad Valenciana, en sentencia dictaminada recientemente, desestima el recurso de Jorge Güemes en el que solicita que le sea reconocido su derecho a la objeción fiscal al gasto militar, mediante la cual se destina a entidades sociales la parte del impuesto de la renta relativa al gasto militar.

El TSJ apoya su dictamen en que: “aunque a la parte recurrente le asista el derecho a la objeción de conciencia por motivos ideológicos explicada en el art. 16.1 del a CE, tal circunstancia no explica un derecho a la objeción fiscal por motivaciones pacifistas en tanto que el reconocimiento de dicho derecho supondría un grave desconocimiento de otros derechos y valores constitucionales dignos de protección”

Páxinas