Coincidindo co período da declaración da renda, recentemente iniciado no seu ciclo previo de envío de borradores e declaracións telemáticas, retomamos a Campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar, onde se poden usar os datos que proporciona o borrador pero rexeitando confirmalos agora tal cal nolos queren facer «tragar».

A Obxección Fiscal ao Gasto Militar é un acto de Desobediencia Civil que consiste na non colaboración co Estado á hora de sufragar os gastos empregados na preparación de guerras e mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social. Tecnicamente desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración do imposto sobre a renda (IRPF) mediante o desvío dunha parte deses impostos a un proxecto que traballe pola xustiza social.

Mañá, 1 de abril , a Axencia Tributaria comezará a enviar as cartas e os sms coas propostas de declaración de IRPF.

Se queres participar activamente na campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares é fundamental que NON CONFIRMES o borrador de facenda, de facelo non poderás exercer esta práctica de desobediencia económica.

Mentres non colgamos os materiais en galego para a campaña deste ano, deixámosvos os feitos pola xente de Zaragoza neste enlace: www.lapanterarossa.net/campana-de-objecion-fiscal-al-gasto-militar-2014

O sábado 29 de marzo Jordi Calvo presentará en Compostela o libro "Banca armada Vs Banca Ética". Será na libraría Couceiro (Praza Cervantes 6, Compostela) a partires das 19h00.

Banca Armada é o termo que, tras seis anos de campaña do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Delas (Justicia i Pau), SETEM e o Observatorio da Débeda na Globalización denunciando os investimentos das entidades financeiras na industria de armamento, utilízase para se referir aos bancos e caixas que invisten en armamento. Neste libro amósae que máis de 60 entidades financeiras, e sobre todo, os grandes bancos teñen investido polo menos 45.000 millóns de euros en armas na última década.

Activistas antimilitaristas bloquearam em 17 de março umha conferência da OTAN [Organizaçon do Tratado do Atlântico Norte] numha mansom na zona rural de Sussex. Enquanto isso, faixas foram pendurados perto das pontes rodoviárias próximas ao local, para saudar os delegados que chegaram em Wiston House em Steyning.

etiquetas: 

Como cada ano a xente de Tortuga Antimilitar ofrecenos o cálculo do Gasto Militar, no ano pasado este foi de 34.019,88 millones de euros, ou 721’83 € por habitante.

Así presentan os datos recompilados: "con vistas á campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar, ofrecemos o noso cálculo de Gasto Militar e de Gasto Militar+Control Social no estado español. Como sempre, acaba gastando máis do que se presuposta, polo que a cifra que divulgamos non coincide coa dos Presupostos Xerais dese ano e inclúe as correccións necesarias. Ao igual que en anos anteriores apoiámonos nos excelentes cálculos de Utopía Contaxiosa e do Centre JM Delàs, aos que engadimos algunhas cifras e cómputos de elaboración propia."

Gasto Militar

- Ministerio de Defensa: 6.913,6 millones de euros (de los cuales 976,6 corresponden a organismos autónomos y 5.937 al propio ministerio)
- CNI: 203,69 millones de euros
- Guardia Civil: 2.636,18 millones de euros

Campaña  xurdida en Catalunya co obxectivo principal de denunciar a crecente presencia do exército nos espazos educativos, tanto formais como informais.

Así explican os motivos desta campaña na súa web:

O día 20 de febreiro presentouse en Barcelona o informe "Seguretat i Ocupació com Negoci. Relacions Militars, armamentístiques i de Seguretat entre Espanya i Israel, (2014)" elaborado pola campaña Negocis Ocults.

No informe aparecen datos coma estes:

"Israel exporta el 75 % de su producción militar. Esto le permite reducir los costes de la producción interna, contribuyendo el comercio de armas a la militarización de la sociedad israelí."

"La falta de transparencia y el secretismo caracterizan las relaciones comerciales en materia militar, armamentista y de seguridad entre España e Israel."

"España incumple su propia legislación al exportar productos militares a Israel, violando 5 de los 8 criterios establecidos en la Posición Común de la UE en exportación de material militar y de doble uso."

Podes ler o informe neste enlace: http://negocisocults.org/la-seguretat-com-a-negoci

"A banca armada expándese. 26 entidades financeiras españolas pasaron de investir 4'6 mil millóns de euros en empresas armamentísticas ata 2012 a contar 7'3 mil millóns no 2013, segundo afirma o último informe do Centro Delàs d'Estudis pola Paz "Evolución da banca armada en España". Os principais bancos implicados son o BBVA, o Banco Santander, Bankia, Banca March, LiberBank, CaixaBank, CatalunyaCaixa e Banco Sabadell. Á lista de entidades financeiras súmanse o Instituto de Crédito Oficial (ICO), banco público adscrito ao Ministerio de Economía e Competitividade, e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), entidade de Dereito Público dependendo do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas español."

Páxinas