Hoxe estivemos no festival de curtametraxes Curtopía coa proxección de varias curtas sobre temática antimilitarista. Aproveitamos para darlle as grazas á organización polo convite.

Seguramente contaxiadas do ambiente cultural deixamos unha poesía de Antonio Orihuela que leva por título: "Ofertas del nuevo orden mundial para el próximo milenio" publicada no libro "Piedra, corazón del mundo" (Antología personal 1995-2000)

Achegamos un documento elaborado pola xente de Utopía Contagiosa que leva por título: "Débeda militar, débeda inmoral, débeda ilexítima". Así presentan o documento na súa web:

El presente documento analiza e intenta cuantificar la deuda militar que España ha generado en 2013 y propone algunas claves para su cálculo y señala las razones por las que entendemos que debe ser calificada como deuda odiosa.

Mientras se recortan derechos y se liquidan conquistas sociales, el gasto militar va en aumento y financiarlo nos costará en 2013 5.592,48 millones de euros, si tenemos en cuenta tanto lo que costará financiar el presupuesto del Ministerio de Defensa, como los pagos de los programas de armamentos imputados a 2013.

Co motivo do seu décimo aniversario, o ateneo libertario Lume Negro de Ponteareas ven de publicar un libro onde recollen as aportación daqueles colectivos e persoas que nesta última década teñen pasado polas súas tardes libertarias ou colaborado dalgún xeito co ateneo, entre eles o Espazo Aberto Antimilitar.

Dende aquí mandamos un saúdo aos compañeiros e compañeiras do ateneo, felicitámolos polos seus dez anos de vida e convidámosvos a todas a asisitir ás súas VI Tardes Libertarias, que terán lugar os vindeiros días 1 e 2 de novembro na Casa dos veciños e veciñas de Angoares.

Como sinalan na súa web a "publicación consta de 154 páxinas, e inclúe textos de: Félix Rodrigo Mora, Miguel Martínez, Pedro García Olivo, Miguel Amorós, Gato Negro, Lucio Urtubia e máis persoas e colectivos que ao longo destes dez anos colaboraron ou colaboran co Ateneo Libertario Lume Negro."

"Curtopía 2013 - Mostras culturais, música e moita festa! - 28 e 29 de setembro - alga lab, Valadares, Vigo" deste xeito presentase o festival Curtopía 2013 ao que o Espazo Aberto Antimilitar está convidado.

Estaremos o domingo 29 a partires das 13h00 para proxectar cinco curtas: Discurso veterano de guerra (5’); Are yu a patriot? (3’); Acción 2013 contra Xunta Accionistas BBVA (2’); Acción 2012 contra Xunta Accionistas BBVA (3’) e Nato Game Over (1’).

A través desta breve mostra poderemos achegarnos á realidade das guerras e reflexionar sobre os papeis dos diferentes axentes implicados nelas e as súas motivacións, deixando un espazo para aproximarnos ás loitas antimilitaristas tan necesarias hoxe como antano.

Podedes ver a programación e toda a información do festival na súa web na que ademais de curtametraxes haberá tamén Djs, concertos... todos os datos en: curtopia.es

Oposición ao dereito dun pobo a expresar a súa opinión como defensa da liberdade e a democracia; prohibición de manifestacións para facer respectar a liberdade de todos; privatización da sanidade para asegurar o dereito á asistencia médica universal; eliminación de bolsas e peche de escolas como máxima expresión da garantía de acceso á educación e, desde logo, intervencións militares, ataques e bombardeos a poboación civil feitos pasar por intervencións humanitarias. A perversa manipulación da linguaxe levada a cabo polo poder, para vendernos as cousas polo contrario do que son, non ten límites, confiando quizais na máxima de que unha mentira mil veces repetida, convértese en verdade.

É evidente que, igual que talar un bosque evita que arda nun incendio, bombardear e matar a poboación civil nun “ataque lóstrego” evita que sufran unha guerra. Agora ben, é unha solución que non consideramos aceptable, e moito menos “humanitaria”.

Pero en todo caso, sabemos que, ao igual que en Afganistán ou Iraq, están moi lonxe de ser os motivos humanitarios os que moven a actuación dos Estados Unidos e os seus aliados.

Jordi Calvo que hai uns anos estivo compartindo con nós o traballo que desenvolve no Centre Delas ven de publicar un libro baixo o título: ""Banca Armada Vs Banca Ética" que foi publicado pola Editorial Dharana.

Na web da editorial presentan deste xeito o libro:

Banca armada es el término que tras seis años de campaña del Centro de Estudios por la Paz JM Delàs (Justícia i Pau), Setem y el Observatorio de la Deuda en la Globalización (ODG) denunciando las inversiones de las entidades financieras en la industria armamentística, se utiliza para referirse a los bancos y cajas que invierten en armamento. Hay muchas formas de ayudar financieramente a las industrias militares a fabricar y comercializar armas. Las principales analizadas en este libro son: la participación accionarial, los fondos de inversión, los créditos y préstamos, la emisión de bonos, pagarés y acciones y la financiación de exportaciones de armamento. En este libro se muestra que más de 60 entidades financieras y, sobre todo, los grandes bancos, han invertido al menos 45.000 millones de euros en armas en la última década.

Por motivos que contaremos dentro de moi pouco estivemos a repasar vídeos sobre temática antimilitar. Nese repaso atopamos cousas moi interesantes... Hoxe queremos compartir dous dos moitos vídeos que miramos:

- Movimiento de la insumisión contra el Ejército en "Gracias, Petrov": que conta en catro minutos a historia do antimilitarismo con claridade. Foi elaborado pola ETB e o podedes ver neste enlace: www.youtube.com/watch?v=pDfTUZXs6W0

- Na reportaxe fálase moito da insubmisión e para facer algo de lembranza deste movemento deixamos outro pequeno vídeo: "Acción lembranza polos 20 anos de insubmisión" que trae unha acción conmemorativa dos 20 anos de insubmisión (2009) cun lema moi clariño Abaixo os muros dos cuarteis! O podedes ver neste enlace: www.youtube.com/watch?v=vB76sQGOv68

As compas de Utopia Contagiosa veñen de publicar no seu blogue esta interesante reflexión sobre Siria que leva por título: Axudar aos sirios? A maiores deste artigo recomendamos tamén a lectura de "Siria: la intervención soñada" de Santiago Alba Rico.

Axudar aos sirios?

Es un buen propósito. Un deseo loable. Ahora también un reclamo de la mas soez propaganda militarista para justificar una nueva intervención militar de la coalición “ad hoc” que EE.UU sea capaz de armar para intervenir militarmente en Siria y mejorar sus posiciones geoestratégicas.

¿Por qué un juicio tan rotundo?

Pues, sencillamente, porque las propuestas que están barajándose no hablan de otra cosa que de ataque militar y apoyo a la guerra, para que la gane el bando que interesa.

Páxinas