curtas


Tal como anunciamos hai uns días nesta web, o pasado domingo estivemos en Curtopía aproveitando o espazo que as compañeiras e compañeiros que organizan este festival quixeron reservar para tratar o tema do militarismo e a loita antimilitar.

Para todas aquelas que non puidestes asistir, deixámosvos aquí os enlaces aos vídeos proxectados:

Discurso veterano de guerra (5’) - www.youtube.com/watch?v=JFOmnAjk1EQ&feature=related

Como podedes ver non é unha curta propiamente dita, senón unha montaxe feita a partir das declaracións deste ex-soldado. A calidade visual non é moi boa, pero parecianos interesante amosalo pola reflexión que fai, tanto da súa propia participación nas operación militares, como, sobre todo, pola análise da engranaxe da guerra, o papel da industria e o gasto militar e a identificación dos verdadeiros inimigos do pobo estadounidense, extrapolables a calquera outro.

"Curtopía 2013 - Mostras culturais, música e moita festa! - 28 e 29 de setembro - alga lab, Valadares, Vigo" deste xeito presentase o festival Curtopía 2013 ao que o Espazo Aberto Antimilitar está convidado.

Estaremos o domingo 29 a partires das 13h00 para proxectar cinco curtas: Discurso veterano de guerra (5’); Are yu a patriot? (3’); Acción 2013 contra Xunta Accionistas BBVA (2’); Acción 2012 contra Xunta Accionistas BBVA (3’) e Nato Game Over (1’).

A través desta breve mostra poderemos achegarnos á realidade das guerras e reflexionar sobre os papeis dos diferentes axentes implicados nelas e as súas motivacións, deixando un espazo para aproximarnos ás loitas antimilitaristas tan necesarias hoxe como antano.

Podedes ver a programación e toda a información do festival na súa web na que ademais de curtametraxes haberá tamén Djs, concertos... todos os datos en: curtopia.es