Participamos en Curtopía!


Tal como anunciamos hai uns días nesta web, o pasado domingo estivemos en Curtopía aproveitando o espazo que as compañeiras e compañeiros que organizan este festival quixeron reservar para tratar o tema do militarismo e a loita antimilitar.

Para todas aquelas que non puidestes asistir, deixámosvos aquí os enlaces aos vídeos proxectados:

Discurso veterano de guerra (5’) - www.youtube.com/watch?v=JFOmnAjk1EQ&feature=related

Como podedes ver non é unha curta propiamente dita, senón unha montaxe feita a partir das declaracións deste ex-soldado. A calidade visual non é moi boa, pero parecianos interesante amosalo pola reflexión que fai, tanto da súa propia participación nas operación militares, como, sobre todo, pola análise da engranaxe da guerra, o papel da industria e o gasto militar e a identificación dos verdadeiros inimigos do pobo estadounidense, extrapolables a calquera outro.

Are yu a patriot? (3’) - www.fundipau.org/concurs/lang/es/2011/02/are-you-a-patriot

Curtametraxe de animación nominada na categoría senior do segundo concurso de animación pola paz de Fundipau, que enlaza moi ben co vídeo anterior.

Os seguintes tres vídeos:

Acción 2013 contra Xunta Accionistas BBVA (2’) - www.youtube.com/watch?v=1poHV79YhNs

Acción 2012 contra Xunta Accionistas BBVA (3’) - www.youtube.com/watch?v=Wzf_9oodKkU

Nato Game Over (1’) - www.youtube.com/watch?v=cndYV4fLL98

incluímolos como unha mostra de que o movemento antimilitarista segue vivo e actuando en diferentes frontes.