libro


A guerra civil española produciu un corpus densísimo de obra historiográfica e inspirou a numerosos novelistas, poetas e artistas de todo o mundo. Hai, sen embargo, un tema que ten sido moito menos estudado e inxustamente relegado ao esquecemento incluso entre os sectores que máis reivindicaron a recuperación da Memoria Histórica.

etiquetas: 

O sábado 29 de marzo Jordi Calvo presentará en Compostela o libro "Banca armada Vs Banca Ética". Será na libraría Couceiro (Praza Cervantes 6, Compostela) a partires das 19h00.

Banca Armada é o termo que, tras seis anos de campaña do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Delas (Justicia i Pau), SETEM e o Observatorio da Débeda na Globalización denunciando os investimentos das entidades financeiras na industria de armamento, utilízase para se referir aos bancos e caixas que invisten en armamento. Neste libro amósae que máis de 60 entidades financeiras, e sobre todo, os grandes bancos teñen investido polo menos 45.000 millóns de euros en armas na última década.