Pacifistas e desertores durante la República e a Guerra


A guerra civil española produciu un corpus densísimo de obra historiográfica e inspirou a numerosos novelistas, poetas e artistas de todo o mundo. Hai, sen embargo, un tema que ten sido moito menos estudado e inxustamente relegado ao esquecemento incluso entre os sectores que máis reivindicaron a recuperación da Memoria Histórica. Trátase do pacifismo e da deserción de soldados durante os anos republicanos e, sobre todo, no transcurso da guerra civil.

A maiores, facémonos eco da edición impresa do libro Memoria en sombra. La Internacional de Resistentes a la Guerra y la Geurra Civil Española editado por El Viejo Topo.

“A audacia das autoras do libro Memoria en sombra é impresionante –un gran xesto ético, político, humano ‘para facer xustiza a unha Verdade’, e dar o recoñecemento xusto aos homes e mulleres que “decidiron loitar contra o fascismo en favor da Democracia doutra maneira: a través do diálogo, que desmonta o discurso e a lóxica da guerra, así como mediante o apoio humanitario, que fomenta a linguaxe da paz e a convivencia”.

etiquetas: