antidisturbios


Segundo a nova publicada polo xornal Público, a Policía Militar estivo instruíndo oficiais e tropa do "Regimiento de Caballería Ligero Acorazado Lusitania nº8", o mesmo que participou no fallido golpe de estado do 23F de 1981, en exercicios de "control de masas".

Segundo unha fonte entrevistada polo mesmo xornal: "Rumoreábanse e sospeitábanse moitas cousas da finalidade destes exercicios, que eran absolutamente estraños tendo en conta as características do Regimiento Lusitania, que é unha unidade acorazada, é dicir, de blindados. O que opinaba a xente é que todos os días se ve moita tensión na rúa, que hai moitas revoltas... entón pénsase que se a Policía se vise desbordada, entón, e ao amparo da Constitución, as Forzas Armadas son as que teñen que tomar automáticamente o mando

Na revista anarquista Abordaxe atopamos esta nova nada tranquilizadora:

Si!!, por enorme que poida parecer o tanto por cento de incremento "Un Mil Oitocento Setenta e Sete por cento", este é o resultado despois de facer unha simple operación aritmética (regra de tres) entre o presuposto do ano pasado 2012 contabilizado en 173 mil 670 € e o deste ano 2013 que acada a cifra de 3 millóns 260 mil €, segundo informacións da axencia EFE.

Ao mesmo tempo soubose que, según manifestou o mesmiño secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, nun almorzo-coloquio do Club Siglo XXI, as Unidades de Intervención Policial (UIP) das máis de 6.000 manifestacións e concentracións convocadas no pasado ano en todo o estado, se produciron incidentes en 271 e "tan só" en 39 delas a policía utilizou material antidisturbios, o que representa o 0,64 por cento do total.