Xornadas Maio: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika!


O 1 xuño hai convocada en toda Europa manifestacións en contra da Troika baixo o lema "Pobos Unidos contra a Troika". En Vigo varios colectivos animannos a participar a semana anterior a unhas xornadas que levan por título: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika! e que están programadas a modo de preparativos da gran manifestación do sábado 1 de xuño.

O programa das xornadas, no que participa o Espazo Aberto Antimilitar, é o seguinte:

> SÁBADO 25

"Ferramentas para a transformación social", Manolo Saez de Baladre. No CS Revolta (Real 12) ás 18h00

> DOMINGO 26

Xornada formativa. Obradoiros básicos sobre: - Estratexia de medios

- Ocupación

- Streaming e seguridade na rede

- Legal

En Distrito 9 (Figueirido 89) ás 17h00

> LUNS 27

"Cultura_1/4 & 1/2 A cultura contemporánea / C.A.O.S. (Cultura Ausente, Oficio Silente)". No De catro a catro (Gerona 81) ás 20h00

> MARTES 28

"Obxección fiscal aos gastos militares" a cargo do Espazo Aberto Antimilitar. No De catro a catro (Gerona 81) ás 20h30

"A Panificadora e o patrimonio industrial: espazos de oportunidade" a cargo de Entremos na Panificadora. Na Praza da Constitución ás 18h00

> MÉRCORES 29

Charla/obradoiro: Proceso Constituínte, a cargo de Xoan Hermida (coordinador nacional de espazo ecolsocialista galego). No De catro a catro (Gerona 81) ás 20h00

"Feminismos na vida cotiá". Na Praza da Constitución ás 18h00

> XOVES 30

"Os movementos de resistencia ás políticas de austeridade no sur de Europa" a cargo de Esquerda Anticapitalista. No De catro a catro (Gerona 81) ás 20h00

> VENRES 31

"Autoxestión" CNT. No Café Uf (Pracer-alto 19) ás 20h00

AdxuntoTamaño
Image icon 2013-1X_Cartel A3_05_XORNADAS.jpg1.05 MB