You are here
1 xuño - Pobos Unidos contra a Troika
O 1 de Xuño a cidadanía europea manifestarase de xeito conxunto baixo o lema "POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA". Os estados portugués, francés, italiano, galego, escocés, español, grego, alemán... participarán nunha xornada de loita conxunta contra os tres responsables das medidas de austeridade: BCE, FMI e CE.
Ese sábado 1 de Xuño, ás 12:00 Vigo sairá á rúa nunha manifestación que percorrerá as rúas da cidade dende a Praza de España á Porta do Sol. Velaquí tedes o texto desta convocatoria:
O 1 de xuño as vítimas do capitalismo saímos as rúas de Europa. Saímos en contra dese sistema baseado na inxustiza social, a degradación medioambiental, o empobrecemento da maioría da poboación e a explotación dxs de abaixo por parte dxs de arriba.
Pobos de toda Europa protestamos pola ditadura da troika (FMI, BCE e Comisión Europea). Levantámonos contra a hexemonía dese “Mercado”, que queren facernos crer que é impersoal, cando en realidade é un complexo mafioso composto por banqueiros, especuladores financeiros e inmobiliarios e por unha casta política allea á realidade das persoas.
A crise, que queren facernos crer que é un accidente, non é mais que un paso ben planeado no camiño de acumulación de riquezas e poder político por parte dunhas poucas persoas, xentes privilexiadas, alleas ás consecuencias devastadoras dun sistema que elxs mesmxs manexan.
Todxs nós, saímos á rúa para rebelarnos contra a perda de soberanía popular; rebelámonos contra o o desemprego e a precariedade, a explotación laboral, o espolio dos bens naturais e públicos, o deterioro e o desmantelamento dos servizos públicos (sanidade, educación, cultura e a seguridade social...); rebelármonos, porque sabemos que o deterioro das nosas condicións de vida non é máis ca un bo negocio para elxs. Elxs o que queren é a nosa escravitude e submisión.
O 1 de xuño, saímos á rúa para dicir que todxs nós somos antisistema, porque o sistema está en contra nosa, e non aceptamos a criminalización da oposición política.
O sábado 1 de xuño concentrámonos na rúa porque xa tódolos días anteriores estivemos comprometidxs noutras solucións solidarias, construtivas, participativas e sostibles.
O 1 de xuño saímos á rúa porque queremos dicir coas nosas propias voces, que SI, que NÓS PODEMOS construír un futuro mellor para a nosa e as seguintes xeracións, e que para que isto funcione so é preciso que sexan elxs xs que paguen a crise. Que “abeiren o ombreiro” de verdade ou QUE LISQUEN TODXS.
POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2013-1X_Cartel-A3_05.jpg | 380.82 KB |
2013-1X_Cartel A3_05_XORNADAS.jpg | 1.05 MB |