Se fas a declaración da renda, fai Obxección Fiscal!


É momento de ser desobedientes, e para quen vai facer a declaración da renda ofrecemos unha oportunidade : a OBXECCIÓN FISCAL aos GASTOS MILITARES.

Se queres asesoramento, queres resolver algunha dúbida, tes algún problemilla a xente do Espazo Aberto Antimilitar ofrecemos - durante o mes de maio- dous momentos para botarte unha man. Os momentos de asesoría neste mes son:

- Luns de 17h00 a 19h00 na ODS-Coia (locais da parroquia do Cristo da Victoria en Coia, rúa Baiona 9)

- Martes a partires das 20h30 na Cova dos Ratos (Romil 3)

Se non podedes pasar neses horarios podedes contactar con nós no email: info[arroba]nonaogastomilitar.org ou a través das redes sociais: twitter.com/nongastomilitar ou facebook.com/espazo.antimilitar