Hai uns días que Facenda lanzou a campaña da renda 2022. Lembrade que temos unha oportunidade para desobedecer á guerra facendo Obxección Fiscal aos gastos militares.

O lema deste ano quere chamar a atención sobre o feito de que os cartos que se dilapidan na guerra e na industria militar non van a sanidade, educación, pensións, dereitos sociais e moitos máis ámbitos que ofrecen seguridade para a comunidade.

Nos seguintes día iremos dando máis información sobre a campaña galega.

Este 24 de febreiro cumpriuse o primeiro aniversario da intervención militar de Rusia en territorio de Ucraína. En Vigo así como en diferentes puntos do estado español moitas persoas e colectivos preocupadas pola marcha dos acontecementos e la gravidade das consecuencias das operacións bélicas, saíron ás rúas para esixir o cese da guerra e a busca de solucións negociadas.

Xa pasou un ano do inicio da guerra en Ucraína, por iso cremos que é un bo momento para denunciar publicamente a ocupación rusa e a participación activa da OTAN e da UE do outro bando.

En Vigo o 24 de febreiro, Ecoloxistas en Acción e o Espazo Aberto Antimilitar convocamos unha concentración no MARCO ás 20h00.

Esa fin de semana terán lugar mobilizacións similares en todo o Estado (https://niputinniotan.noblogs.org/post/2023/02/01/convocatorias-para-el-sabado-25-de-febrero/), esixindo:

- Promover unha coordinación ou máis ampla posible.

- Un calendario de mobilizacións que dean resposta á guerra de Ucraína.

etiquetas: 

O sábado 15 de outubro imos até Ponteareas para participar no Outono Libertario '22.

A partires das 20:00 xunto á xente de 13editora falaremos nu faladoiro que leva por título: Obxección Fiscal, antimilitarismo e elementos de control social. Achegamos o cartaz da actividade e agradecemos ás organizacións o convite.

etiquetas: 

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2022 un destino ao cal podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- Campaña #ILPRegularización: a través das Iniciativas Lexislativas Populares (ILP) a cidadanía pode propoñer leis ao Congreso de Diputados de xeito vinculante (hai obriga de debatir e aprobar unha ley). Para isto deben presentarse cando menos 500.000 sinaturas. A #ILPRegularizacion buscar lograr unha regularización administrativa do estatus migratorio para as persoas migrantes e refuxiadas, alcanzando así un permiso de residencia e de traballo a persoas que están nunha situación administrativa irregular.

+info: https://regularizacionya.com

etiquetas: 

O Espazo Aberto Antimilitar anima, outro ano máis, a desobedecer á guerra cos nosos impostos. Por iso sumámonos a campaña estatal pola obxección fiscal ao gasto militar nas declaracións da renda.

Achegamos o texto co que chamamos a desviar unha parte dos nosos impostos a proxectos que pulen por sociedades máis xustas e igualitarias:

Hai unha semana que iniciou a campaña da renda. Colectivos antimilitaristas de todo o estado animamos outro ano máis a desarmar os impostos facendo obxección fiscal ao gasto militar na declaración da renda.

Deixamos unha ligazón coas instruccións: https://www.grupotortuga.com/Como-se-hace-la-Objecion-Fiscal-al

Hai varias semanas que xa está aberto o prazo para facer a declaración da renda, como vimos propoñendo desde hai anos animamos este momento para facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares. A través deste acto queremos manifestar o noso rexeitamento aos elevadísimos gastos militares que dedica o Estado Español, moitos colectivos e persoas defendemos que a verdadeira seguridade non está en facer negocios coa guerra.

Páxinas