destinos


Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos, dentro da campaña galega pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2026, varios destinos aos que podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- Campaña de apoio ás persoas sancionadas polas protestas durante a Volta Ciclista España: máis de dúas ducias de persoas foron multadas na Galiza por participar nesta acción de denuncia contra o xenocidio que o Estado de Israel está a cometer sobre o pobo palestino.

- Campaña galega de apoio á sanidade cubana: a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil ten en marcha unha recollida de fondos e material sanitario para enviar a Cuba contedores con axuda médica. Podes atopar o número de conta para os ingresos e máis información na páxina: terrasenamos.org/campanhas

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2025 varios destinos aos que podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- New Profile: Movemento para a desmilitarización da sociedade israelí: O Movemento para a Desmilitarización da Sociedade Israelí é un movemento feminista e antimilitarista fundado en 1998 que cre que o militarismo, profundamente arraigado na sociedade israelí, é unha das principais causas da guerra perpetua en Israel, así como das formas criminais en que leva a cabo. Ademais, o militarismo obstaculiza o camiño cara á paz e o fin da ocupación de Palestina, e fai que a sociedade israelí sexa máis violenta, sexista e racista +info: https://newprofile.org

Dende a Coordinadora Antimilitarista Galega propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2024 varios destinos aos que podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- ISM Estado Español: o movmento de Solidariedade Internacional (ISM polas súas siglas en inglés) é un movemento liderado por palestinos comprometidos a resistir a longa e sistemática opresión e desposesión da poboación palestina, a través dos principios e métodos da acción directa non violenta. +info: spain.palsolidarity.org

etiquetas: 

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2022 un destino ao cal podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- Campaña #ILPRegularización: a través das Iniciativas Lexislativas Populares (ILP) a cidadanía pode propoñer leis ao Congreso de Diputados de xeito vinculante (hai obriga de debatir e aprobar unha ley). Para isto deben presentarse cando menos 500.000 sinaturas. A #ILPRegularizacion buscar lograr unha regularización administrativa do estatus migratorio para as persoas migrantes e refuxiadas, alcanzando así un permiso de residencia e de traballo a persoas que están nunha situación administrativa irregular.

+info: https://regularizacionya.com

etiquetas: 

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2018 varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- ILP Campaña en Defensa do Monte Autóctono: o principal obxectivo da campaña é o de aumentar a conservación das nosas masas de árbores e o coñecemento sobre a súa necesaria existencia, tamén como recursos produtivos e de creación de emprego.

“Cousa de Raíces” quere devolver ao noso bosque o valor que ten, a todos os niveis (ambiental, económico, social, cultural, paisaxístico, etc.), contando coa participación e apoio dos diversos sectores interesados e comprometidos coas masas arbóreas autóctonas, porque as reivindican, porque as estudan, porque as coidan, porque as precisan para vivir.

A nosa proposta de destino dos cartos desviados das vosas OFGM 2016 son as seguintes:

O Espazo Aberto Antimilitar continúa coas charlas de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Nesta ocasión o novo local de Árbore (López Mora 30 - Vigo) acollerá este acto o venres 29 de maio ás 20:30.

O Espazo Aberto Antimilitar convoca un acto de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Será o venres 15 de maio ás 20:30 na parroquia do Cristo da Vitoria de Coia (r/Baiona 9, Coia - Vigo).

A obxección fiscal aos gastos militares é un acto de desobediencia civil que consiste en negarse a  colaborar co estado á hora de sufragar os gastos destinados á preparación de guerras, mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social.

Tecnicamente, desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración da renda, desviando unha parte dos impostos que nos cobran a un proxecto que traballe pola xustiza social.

Un deses proxectos, que o EAA propomos como destino da obxección este ano, é a Asemblea Aberta de Coia, que participará tamén na presentación da campaña facendo un repaso destes meses de loita na rotonda de Coia en contra da dilapidación de cartos públicos e da desfeita de políticas sociais.

Páxinas