You are here
Destinos propostos para a campaña de Obxección Fiscal 2026
Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos, dentro da campaña galega pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2026, varios destinos aos que podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:
- Campaña de apoio ás persoas sancionadas polas protestas durante a Volta Ciclista España: máis de dúas ducias de persoas foron multadas na Galiza por participar nesta acción de denuncia contra o xenocidio que o Estado de Israel está a cometer sobre o pobo palestino.
- Campaña galega de apoio á sanidade cubana: a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil ten en marcha unha recollida de fondos e material sanitario para enviar a Cuba contedores con axuda médica. Podes atopar o número de conta para os ingresos e máis información na páxina: terrasenamos.org/campanhas
Ademais destas dúas propostas, podedes destinar os cartos ao Espazo Aberto Antimilitar. Os ingresos podedes facelos neste número de conta: ES49 1491 0001 2630 0008 8601, e non esquezades indicar o proxecto ao que queredes destinar os cartos.
Comunicade no correo electrónico espazoantimilitar@riseup.net o importe desviado e o destino escollido. Todos os datos recompílanse para enviar á campaña estatal pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares (OFGM).





