destinos


No Espazo Aberto Antimilitar estamos a preparar a campaña 2012 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares.Este ano faremos especial fincapé na industria militar, a presentación da campaña a faremos o vindeiro venres 13 cunha charla a cargo de Jordi Calvo (Centro Delás) sobre estes temas.

O que si adiantamos son os destinos que propoñemos este ano para desviar os cartos das vosas declaracións:

- “Asemblea pola defensa do Barrio do Cura”: espazo de confluencia de diferentes persoas que decidiron plantar cara á especulación urbanística que ameaza este pequeno reduto do Casco Vello de Vigo, recuperando a capacidade de intervención das veciñas e veciños na xestión do territorio que habitamos.

O vindeiro xoves 9 de xuño a partires das 20h30no CSA Cova dos Ratos o espazo convídavos a asistir á charla-presentación da Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro (www.serradogalinheiro.org); os seus obxectivos, actividade e ameazas inmediatas ás que se enfrenta a Serra, a cargo dun dos seus membros.

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2011 varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- Pola protección da Serra do Galiñeiro: campaña impulsada por diversos colectivos en defensa da serra do Galiñeiro fronte aos numerosos proxectos desenvolvementistas que a ameazan. A súa actividade está fundamentalmente centrada nestes momentos na oposición á instalación dun parque eólico planificado nesta área.

A Serra do Galiñeiro é un espazo natural que alberga numerosos valores naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais polo que numerosos colectivos sociais agrupáronse a finais de 2010 no movemento social "Pola protección da Serra do Galiñeiro" para solicitar a protección deste espazo natural ó amparo das lexislacións autonómica e europea.

Achegamos o texto da charla-coloquio que tivo lugar ne Madrid en xaneiro de 2010 na que unha representante de RAWA (Asociación de Mulleres Revolucionarias Afganas), que se fai chamar Mehmuda por motivos de seguridade, presenta a terrible situación na que se atopa Afganistán.

O texto completo o podedes atopar no seguinte enlace: antimilitaristas.org/spip.php?article4428

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2010 varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas declaracións:

A semana do 16 ao 20 de Novembro, a organización israelí Anarquistas contra o Muro estará de xira por terras galegas, de man dos sindicatos da CNT de distintas localidades.

O Espazo Aberto Antimilitar organiza dentro da campaña pola OF 2009 a proxección do documental "Defendo a miña terra" que conta a loita da veciñanza do pobo palestino de Bilin ante os intentos do goberno israelí de construír unha parte do muro nos seus terreos. Nesa loita a veciñanza conta coa axuda de Anarquistas Contra o Muro que é o destino internacional que o Espazo escollleu para este ano.

Xunto a estes destinos propoñemos apoiar o proxecto de Comida Non Bombas de Coruña e a loita de Galiza Non Se Vende. Ademais os membros do Espazo resolverán calquera dúbida que teñades respecto a OF.

Cada persoa obxectora fiscal decide onde, a que proxecto alternativo quere ingresar os cartos que desvía do IRPF para que, en lugar de ir ao Gasto Militar se dedique a unha verdadeira defensa: do desenvolvimento, do medio ambiente, da cultura, da dignidade das personas…

Todas coñecemos algunha organización ou grupo que traballa nestes campos. Dende os grupos de O.F. sempre propomos varios proxectos:

etiquetas: 

Páxinas