Destinos propostos para a campaña de Obxección Fiscal 2025


Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2025 varios destinos aos que podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- New Profile: Movemento para a desmilitarización da sociedade israelí: O Movemento para a Desmilitarización da Sociedade Israelí é un movemento feminista e antimilitarista fundado en 1998 que cre que o militarismo, profundamente arraigado na sociedade israelí, é unha das principais causas da guerra perpetua en Israel, así como das formas criminais en que leva a cabo. Ademais, o militarismo obstaculiza o camiño cara á paz e o fin da ocupación de Palestina, e fai que a sociedade israelí sexa máis violenta, sexista e racista +info: https://newprofile.org

- Kolectivo Jóvenes Parke Alcosa: o pasado 29 de outubro as inundacións a raíz dunha extraordinaria DINA arrasaron as zonas do sur de Valencia e, en Alfafar, sepultaron en barro os dous Centros de Día do parque de Alcosa, dirixidos polo Kolectivo Juvenil Parke.
Durante décadas, estes espazos son puntos de encontro comunitario no barrio de Orba/Parque Alcosa, ofrecendo apoio, educación e actividades de lecer a nenos, adolescentes e mozos, tal e como se recolle nos obxectivos fundacionais do colectivo creado en 1988. Agora estamos a buscar fondos para reconstruílos e recuperar o seu papel fundamental na comunidade. Número de conta da asociación: ES94 3159 0020 2728 45198924 indicando como concepto «Colaboro con el Parke» +info: https://kolectivosparke.org

- SOS Suído-Seixo | Mina Alberta Non: nace co obxectivo de informar á poboación, establecer colaboracións con outros colectivos, canalizar as ideas e reclamacións da veciñanza e para levar a cabo accións coordinadas entre as comunidades afectadas ante a preocupación suscitada pola solicitude de concesión de explotación mineira Alberta I por parte da empresa Recursos Minerales de Galicia, S.A. O obxectivo principal da plataforma é a posta en valor do seu patrimonio natural e cultural e a defensa do territorio das Serras do Suído e Seixo e zonas limítrofes fronte ós proxectos e Permisos de Investigación de minaría existentes (Alberta I, Alberta II, Macarena, Carlota, Maite etc) e fronte a outras accións que o ameacen. +info: https://minadoadenon.sossuidoseixo.org

Ademais destas dúas propostas podedes destinar os cartos ao Espazo Aberto Antimilitar. Os ingresos os podedes facer neste nº de conta > ES49 1491 0001 2630 0008 8601 e non esquezades sinalar o proxecto ao que queredes destinar estes cartos.

LEMBRADE! Comunicade no email > espazoantimilitar@riseup.net cantos cartos desviaches e a que destino. Os recompilamos para enviar á campaña estatal pola OFGM