No marco da campaña “Desarma Vigo. Por unha cidade libre de militares”, desde o Espazo Aberto Antimilitar organizamos unhas xornadas durante o mes de maio que inclúen dúas palestras. Con estas actividades queremos amosar o noso rexeitamento aos actos de celebración do Día das Forzas Armadas, que culminarán o 30 de maio cun desfile polas rúas de Vigo.

As xornadas estrutúranse en dúas charlas:

- “A economía militarízase. Rearme e traballo no contexto do réxime de guerra”, a cargo de Juan Carlos Roig (colaborador do Grupo Antimilitarista Tortuga e analista do gasto militar). Terá lugar o sábado 9 de maio ás 19:30 h no CS A Revolta (Real 12, Vigo).

“Presenten armas! Volve o servizo militar?”, a cargo de Rafael Ajangiz (profesor de Ciencia Política na EHU e antigo membro do MOC e da IRG). Será o sábado 23 de maio ás 19:30 h no Café UF (Pracer 19, Vigo).

etiquetas: 

Un informe demoledor elaborado por Juan Carlos Rois e o Grup Antimilitarista Tortuga revela que o gasto militar real do estado español chegará aos 80.000 millóns de euros en 2026. Baixo o título “A política do medo”, o documento expón con detalle como eses gastos agochanse tras unha complexa arquitectura orzamentaria e recae de forma desproporcionada sobre as clases populares, mentres se sacrifica o investimento en sanidade, educación e servizos sociais.

Podedes consultar o informe nesta ligazón: www.grupotortuga.com/La-politica-del-miedo-80-000. Lembrade que está a piques de comezar a campaña da renda, un bo momento para desobedecer e impedir que os nosos impostos se destinen ao negocio da guerra.

O vindeiro 8 de abril Facenda inicia a campaña da renda, e con ela, tamén ábrese a oportunidade de facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares.

Achegamos o calendario do contribuínte para termos presentes os diferentes prazos nos que podemos exercer o noso dereito á obxección fronte ao desmesurado gasto militar realizado no ano 2025 e para frear a intención de incrementar este orzamento. É necesario comezar a desmilitarizar a vida e deter a guerra aquí e agora. A Obxección Fiscal ao Gasto Militar é un bo punto de partida para avanzar neste camiño.

O sábado 21 de marzo participaremos na manifestación "Vigo polo dereito a teito" convocada pola Alianza pola Vivenda - Vigo. A saída será desde a praza dos Cabalos ás 18h00.

Diversos colectivos da cidade agrupámonos para impulsar unha manifestación que busca denunciar a crise de vivenda que padecemos, cuns prezos do alugueiro batendo récords cada mes e os de venda próximos a cifras previas ao estalido da burbulla inmobiliaria.

Estades todas chamadas a acudir á convocatoria do sábado 21 na defensa deste dereito básico.

Para o profesorado, a palabra «plan» forma parte do seu acervo profesional: plan de acción titorial, plan TIC, plan lector, plan de atención á diversidade... Pero hai un plan que, malia o seu impacto, é descoñecido para gran parte do profesorado e da comunidade educativa. Un plan que non chega da Consellería. O Plan Director —desvelamos xa o seu nome— é un programa". do Ministerio, mais non do Ministerio de Educación.

O Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas é un programa do Ministerio do Interior en marcha desde 2006. Consiste en que policías e gardas civís visiten centros educativos para impartir charlas e actividades sobre seguridade. Entre outros, os temas que abordan son: acoso escolar, prevención de drogas e alcohol, riscos de internet e redes sociais, prevención da violencia de xénero e do maltrato familiar, bandas violentas, racismo e delitos de odio...

Achegamos o texto de presentación da campaña “Desarma Vigo”, impulsada polo Espazo Aberto Antimilitar, que busca o apoio de colectivos e persoas que rexeiten os actos de celebración do Día das Forzas Armadas 2026 na nosa cidade.

Os grupos e colectivos que desexen sumarse á campaña —da que iremos informando sobre os diferentes actos— poden facelo enviando un correo electrónico a espazoantimilitar@riseup.net.

A continuación presentamos o texto da campaña "Desarma Vigo":

O vindeiro 30 de maio, Vigo acollerá, segundo nos anuncian, o acto central do Día das Forzas Armadas. Un desfile militar que toma ao asalto a cidade precisamente no momento oportuno. Xusto cando os tambores de guerra regresan para excitar os ánimos cunha banda sonora xa coñecida por vella, aínda que igualmente efectiva: a celebración da barbarie.

A secuencia xa a coñecemos. A crecente militarización do mundo, nun contexto de auxe da dereita máis extrema en todas as súas formas, serve como ferramenta de control e sometemento. Ao tempo que o desastre como horizonte vital e a falta de calquera tipo de certeza -esa forma de nós referir ao medo- son a consecuencia lóxica dun sistema inxusto que se perpetúa mediante o uso da violencia. Un marco conceptual que apela a unha sorte de nova guerra fría como elemento común á crise de gobernabilidade xeneralizada.

Achegamos un artigo das compas de KEMMOC que recolle os datos do informe anual da Obxección Fiscal ao Gasto Militar correspondente ao exercicio fiscal de 2024.

No informe pódense atopar datos como:

- Cando menos 501 persoas fixeron OF, desviando un total de 45.029 €.

- Foron 130 os proxectos e iniciativas que contribúen a construír unha sociedade máis xusta, solidaria e en paz.

Este xoves 5 de xuños imos até Redondela convidadas polo colectivo republicano de Redondela.

O motivo é participar nunha palestra que leva por título: "Militarización e Obxección Fiscal". Será o xoves ás 20h00 na Cas da Cultura (Praza Figueroa 3, Redondela).

Compartiremos a nosa ollada sobre a crecente militarización e daremos conta das estratexias de resistencia colectiva fronte esta vaga, en concreto a campaña pola obxección fiscal aos gastos militares.

Páxinas