Non confirmes o borrador de Facenda!


O vindeiro 8 de abril Facenda inicia a campaña da renda, e con ela, tamén ábrese a oportunidade de facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares.

Achegamos o calendario do contribuínte para termos presentes os diferentes prazos nos que podemos exercer o noso dereito á obxección fronte ao desmesurado gasto militar realizado no ano 2025 e para frear a intención de incrementar este orzamento. É necesario comezar a desmilitarizar a vida e deter a guerra aquí e agora. A Obxección Fiscal ao Gasto Militar é un bo punto de partida para avanzar neste camiño.

Se queres recibir máis información sobre a campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar non deixes de escribirnos: espazoantimilitar@riseup.net ou visitar a nosa web na que iremos dando conta da campaña galega.

NON PAGUES A GUERRA, DESARMA OS TEUS IMPOSTOS!

FAI OBXECCIÓN AO GASTO MILITAR!