antimilitar


Achegamos o texto de presentación da campaña “Desarma Vigo”, impulsada polo Espazo Aberto Antimilitar, que busca o apoio de colectivos e persoas que rexeiten os actos de celebración do Día das Forzas Armadas 2026 na nosa cidade.

Os grupos e colectivos que desexen sumarse á campaña —da que iremos informando sobre os diferentes actos— poden facelo enviando un correo electrónico a espazoantimilitar@riseup.net.

A continuación presentamos o texto da campaña "Desarma Vigo":

O vindeiro 30 de maio, Vigo acollerá, segundo nos anuncian, o acto central do Día das Forzas Armadas. Un desfile militar que toma ao asalto a cidade precisamente no momento oportuno. Xusto cando os tambores de guerra regresan para excitar os ánimos cunha banda sonora xa coñecida por vella, aínda que igualmente efectiva: a celebración da barbarie.

A secuencia xa a coñecemos. A crecente militarización do mundo, nun contexto de auxe da dereita máis extrema en todas as súas formas, serve como ferramenta de control e sometemento. Ao tempo que o desastre como horizonte vital e a falta de calquera tipo de certeza -esa forma de nós referir ao medo- son a consecuencia lóxica dun sistema inxusto que se perpetúa mediante o uso da violencia. Un marco conceptual que apela a unha sorte de nova guerra fría como elemento común á crise de gobernabilidade xeneralizada.

O movemento antimilitarista hoxe, 7 de maio de 2020, está de aniversario. Fanse 20 anos da fin da mili no Estado Español, unha desas conquistas colectivas que levou anos de desobediencia, organización, prisión, apoio mutuo...

Compartimos unha audio de Koldobi Velasco no que fala sobre esta importante data e conquista. Esta peza foi elaborada para a emisora comunitaria canaria Radio Guiniguada e a podedes escoitar neste enlace: https://archive.org/download/20anossenmili/WhatsApp%20Audio%202020-05-07...

etiquetas: 

Dende o Espazo, querémonos facer eco do evento Tatuagens pola liberdade que se densenvolverá no CSOA Escarnio e maldizer de Compostela os días 10, 11 e 12 deste mes e, en particular, da charla: Militarizaçom do território, militarizaçom das fronteiras: Análise, experiências, propostas de luitas e resistências antimilitaristas da que ofrecen esta suxerente presentación:

"Há cada vez mais militares patrulhando as ruas das cidades de Ocidente, graças também a “catástrofes” ou através de estados de emergência e a raíz de supostas ameaças terroristas. Mentres tanto, os agentes de policia parecem-se cada vez mais aos membros das unidades especiais das forças armadas, tanto polas suas armas como polo adestramento e as suas táticas. O Poder prepara-se constantemente para os novos cenários da guerra interna, é dizer, a guerra de classes, e os seus esforços nesta direçom estam-se notando paralelamente em distintos países. Sem embargo, também estám surgindo experiências de resistência a esta militarizaçom das nossas vidas".

O venres 14 de novembro de 2008 "Día europeo contra a infraestrutura militar" partiu dende o sul da provincia de Alacant unha pequena expedición antimilitarista organizada polo Grup Tortuga. O seu destino era o cumio do pico Aitana, de 1558m. Ahora, como en aquel 14 de noviembre, es necesario que se rompan los fusiles y trabajemos por la Paz - Tortuga.

O C.S. Fuscalho organiza o sábado 20 de decembro unhas Xornadas Antimilitaristas nas que participaremos a xente do Espazo Aberto Antimilitar.

Nesa data proxectarase o documental: "Ken-MOC de Bilbo" que logo dará paso a unha palestra/debate que leva por título: "25 anos de insubmisión na Galiza".

Durante o desenvolvemento das xorndas permanecerá exposta a mostra de fotos "Movemento de insubmisión en Vigo".

O Espazo Aberto Antimilitar participará nunhas xornadas antimilitaristas organizadas en Cangas os días 10 e 18 de outubro. Animámosvos a todas/os a asistir e participar desta iniciativa desenvolvida no veciño concello do Morrazo.

O venres 10 de outubro a partires das 20:00 inaugurase a mostra de fotos "Movemento de insubmisión en Vigo" con imaxes do MOC, para a continuación escoitar a charla: "Obxección Fiscal ao gasto militar".

A finais do mes de agosto materializouse un proxecto que levaba varios meses en preparación; o nacemento dunha nova páxina antimilitarista, centrada neste caso en combater a militarización da xuventude.

Deixamos esta convocatoria:

A Cordenadora Local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres organiza unha acción na Praza dx migrante (Travesas), para conmemorar a data na que as mulleres visibilizamos o significado das palabras militarización – guerra – explotación dos territorios e paz, dende a perspectiva de xénero.

Música, leitura de textos e poesías a partir das 18:00. ESPERÁMOSTE!

Na barbarie de calquera guerra, as mulleres, consideradas individual e socialmente, experimentan unha maior perda no desenvolvemento dos seus dereitos humanos. As mulleres,vítimas da violencia da guerra, sofren torturas, asasinatos, masacres, detencións, igual que os homes, pero ademais son vítimas dunha específica violencia de xénero engadida.

etiquetas: 

Páxinas