mili


Penduramos o audio da charla de Rafael Ajangiz, profesor de Ciencia Política na Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU) e autor da publicación Servicio militar obligatorio en el siglo XXI, editada polo Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS). Ademais, foi militante do Movemento de Obxección de Conciencia (MOC) entre 1982 e 1998 e membro do consello da Internacional de Resistentes á Guerra (IRG) entre 1994 e 1998.

A charla, celebrada o 23 de maio, está incluída na campaña “Desarma Vigo. Por unha cidade libre de militares”, organizada polo Espazo Aberto Antimilitar durante este mes de maio en oposición á celebración do Día das Forzas Armadas, que culminará o vindeiro 30 de maio cun desfile militar polas rúas de Vigo.

O movemento antimilitarista hoxe, 7 de maio de 2020, está de aniversario. Fanse 20 anos da fin da mili no Estado Español, unha desas conquistas colectivas que levou anos de desobediencia, organización, prisión, apoio mutuo...

Compartimos unha audio de Koldobi Velasco no que fala sobre esta importante data e conquista. Esta peza foi elaborada para a emisora comunitaria canaria Radio Guiniguada e a podedes escoitar neste enlace: https://archive.org/download/20anossenmili/WhatsApp%20Audio%202020-05-07...

etiquetas: 

Dámoslle pulo a unha campaña de micromecenado que lanzan compañeiras de Euskadi co obxecto de realizar un documental sobre a historia da insubmisión que leva por título "2 años, 4 meses".

Neste enlace tedes toda a información sobre o proxecto: https://www.verkami.com/locale/es/projects/23363-2-urte-4-hilabete

Esta semana en Euskadi fixeron unha concentración as xentes de Kakitzat (KOORDINADORA ANTIMILITARISTA) en contra do militarimo. Así resumiron o acto explicando as razóns do mesmo:

Esta mañana se ha realizado una concentración en el Gobierno Militar bajo el lema “Hoy Más Que Ayer Militarismorik EZ!”. En esta movilización han participado personas que en su momento se declararon insumisos. Algunos de ellos fueron juzgados, condenados e ingresaron en prisión por su apuesta por la Desobediencia Civil.