Audio da charla: Presenten Armas! Volve o servizo militar? a cargo de Rafael Ajangiz


Penduramos o audio da charla de Rafael Ajangiz, profesor de Ciencia Política na Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU) e autor da publicación Servicio militar obligatorio en el siglo XXI, editada polo Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS). Ademais, foi militante do Movemento de Obxección de Conciencia (MOC) entre 1982 e 1998 e membro do consello da Internacional de Resistentes á Guerra (IRG) entre 1994 e 1998.

A charla, celebrada o 23 de maio, está incluída na campaña “Desarma Vigo. Por unha cidade libre de militares”, organizada polo Espazo Aberto Antimilitar durante este mes de maio en oposición á celebración do Día das Forzas Armadas, que culminará o vindeiro 30 de maio cun desfile militar polas rúas de Vigo.

Podedes escoitala en Archive: https://archive.org/details/23-05-2026-arganjiz