desfile


Penduramos o audio da charla de Rafael Ajangiz, profesor de Ciencia Política na Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU) e autor da publicación Servicio militar obligatorio en el siglo XXI, editada polo Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS). Ademais, foi militante do Movemento de Obxección de Conciencia (MOC) entre 1982 e 1998 e membro do consello da Internacional de Resistentes á Guerra (IRG) entre 1994 e 1998.

A charla, celebrada o 23 de maio, está incluída na campaña “Desarma Vigo. Por unha cidade libre de militares”, organizada polo Espazo Aberto Antimilitar durante este mes de maio en oposición á celebración do Día das Forzas Armadas, que culminará o vindeiro 30 de maio cun desfile militar polas rúas de Vigo.

No marco da campaña “Desarma Vigo. Por unha cidade libre de militares”, desde o Espazo Aberto Antimilitar organizamos unhas xornadas durante o mes de maio que inclúen dúas palestras. Con estas actividades queremos amosar o noso rexeitamento aos actos de celebración do Día das Forzas Armadas, que culminarán o 30 de maio cun desfile polas rúas de Vigo.

As xornadas estrutúranse en dúas charlas:

- “A economía militarízase. Rearme e traballo no contexto do réxime de guerra”, a cargo de Juan Carlos Roig (colaborador do Grupo Antimilitarista Tortuga e analista do gasto militar). Terá lugar o sábado 9 de maio ás 19:30 h no CS A Revolta (Real 12, Vigo).

“Presenten armas! Volve o servizo militar?”, a cargo de Rafael Ajangiz (profesor de Ciencia Política na EHU e antigo membro do MOC e da IRG). Será o sábado 23 de maio ás 19:30 h no Café UF (Pracer 19, Vigo).

etiquetas: