You are here
Xornadas: Desarma Vigo, por unha cidade libre de militares
No marco da campaña “Desarma Vigo. Por unha cidade libre de militares”, desde o Espazo Aberto Antimilitar organizamos unhas xornadas durante o mes de maio que inclúen dúas palestras. Con estas actividades queremos amosar o noso rexeitamento aos actos de celebración do Día das Forzas Armadas, que culminarán o 30 de maio cun desfile polas rúas de Vigo.
As xornadas estrutúranse en dúas charlas:
- “A economía militarízase. Rearme e traballo no contexto do réxime de guerra”, a cargo de Juan Carlos Roig (colaborador do Grupo Antimilitarista Tortuga e analista do gasto militar). Terá lugar o sábado 9 de maio ás 19:30 h no CS A Revolta (Real 12, Vigo).
- “Presenten armas! Volve o servizo militar?”, a cargo de Rafael Ajangiz (profesor de Ciencia Política na EHU e antigo membro do MOC e da IRG). Será o sábado 23 de maio ás 19:30 h no Café UF (Pracer 19, Vigo).





